Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/56-2, 6030 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación das Cruces.

Situación: A Pontenova.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe na L.M.T. existente e final no C.T.I. proxectado das Cruces. A súa lonxitude será de 292 m.

C.T. intemperie sobre torre metálica cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. executada en conductor R.Z. 50 tensado sobre apoios de formigón, alimentará os lugares das Cruces, cun total de 10 clientes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo