Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de tres máquinas de lavado de caixas de peixe para varios portos pesqueiros galegos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: subministración de tres máquinas de lavado de caixas de peixe para varios portos pesqueiros galegos.

b) Prazo de execución: un mes e medio, desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: oitenta e nove mil douscentos cincuenta (89.250) euros, IVE e demais impostos incluídos.

5. Garantía provisional.

Mil setecentos oitenta e cinco euros (1.785 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 50 38.

e) Telefax: 981 54 40 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2883.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio admi

nistrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, nº 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 21-12-2001, DOG nº 15, do 21-1-2002)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos