Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.114

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto e do escrito de aclaración do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, para os anos 2003 e 2004.

Visto o texto e o escrito de aclaración do convenio colectivo da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense para os anos 2003 e 2004 (código de convenio nº 3200442), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30 de maio de 2003, subscrito con data do 27 de maio de 2003, pola empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, en representación da parte empresarial, e, polo comité de empresa, en representación da parte social, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de xuño de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de Faurecia Automotive

España, S.A.

Fábrica de Ourense

Anos 2003 e 2004

TÍTULO I

Disposiciones xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, e o comité de empresa factoría de San Cibrao das Viñas (Ourense), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º LET, o ámbito territorial do convenio é o da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, e calquera outro centro que no futuro se instale na provincia de Ourense durante a vixencia deste convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, excepto naqueles aspectos que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 2003.

Terá unha vixencia de dous anos, agás aqueles aspectos do articulado que conteñan vixencias concretas e expirará o 31 de decembro de 2004.

Ámbalas partes asinantes comprométense a inicia-la negociación dun novo convenio, un mes antes de finaliza-la súa vixencia, sempre e cando se denunciase o convenio con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras, serán compensables e absorbibles ata onde alcance, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2º e) LET, a partir da entrada en vigor deste convenio, crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares, e tres vocais titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa; todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión terán lugar sempre que asista o 50% máis un, polo menos, dos membros que a compoñen, e, para reunirse, será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas, como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas en acta.

En caso de non haber acordo, farase que reflicta as diferencias. En ámbolos casos o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que estime procedente no prazo de oito días e notificarállelo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a xurisdicción competente.

A comisión paritaria queda habilitada para levar a cabo as actuacións administrativas que procedan para a adecuación deste convenio colectivo, ante unha eventual reordenación ou un cambio de denominación xurídica da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó seu servicio, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral, a súa antigüidade nela e antigüidade na empresa, profesión ou oficio e servicio en que traballa.

Unha copia deste rexistro seralle entregada ó comité de empresa xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores en 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, aplicarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia deste.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns e especialistas: 2 semanas.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Faurecia Automotive España, S.A. fábrica de Ourense, estará encadrado nas categorías profesionais que determina a Ordenanza de traballo para a industria química e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás características propias da empresa.

Artigo 11º.-Postos especiais do persoal horario.

Mesmo dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os regradores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas, e que de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos, irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle, con carácter de mínima, a prima de cualificación establecida para o dito posto, ata que polo seu ascenso a superior categoría, quede superada.

Artigo 13º.-Ascensos.

Aplicarase o disposto na Ordenanza para a industria química, coas seguintes puntualizacións:

a) Promoción automática a categoría superior.

Para as categorías que se indican a continuación, os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de 2ª: 1 ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de 2ª: 1 ano.

-Auxiliar administrativo a oficial 2ª administrativo: 1 ano.

-Auxiliar laboratorio a analista de 2ª: 1 ano.

-Peón ordinario a peón especializado: 1 ano.

-Peón especializado a especialista: 2 anos.

-Especialistas a especialistas cualificados 3ª: 3 anos.

-Xefe de equipo esp. cualif. a oficial 3ª: 3 anos.

b) Existindo vacantes por baixas de persoal:

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso as vacantes producidas por baixas de persoal.

Para cada concurso existirá un programa e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa, baixo o cal poderán prepararse os traballadores, ben asistindo ós cursos da empresa, se os houber, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teóricas e prácticas faranse públicas cunha antelación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderán presentarse ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos que se vaian cubrir, dentro do subgrupo profesional respectivo.

No momento de realizar un concurso-oposición, constituirase unha comisión cualificadora como máis adiante se especifica.

c) Existindo vacantes por aumento de cadro de persoal:

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 100% por concurso-oposición.

Se como consecuencia do concurso-oposición, quedasen prazas vacantes, estas serán cubertas por libre designación da empresa.

O concurso-oposición rexerase polo punto B do presente artigo, sendo, no caso que nos ocupa, concurso libre e tendo preferencia para cubrir estas vacantes os da categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á comisión cualificadora.

d) Promoción de oficiais a categoría superior

Os traballadores coa categoría de oficial ascenderán na súa escala, logo de exame práctico, á categoría inmediata superior, sempre e cando teñan acre

ditada unha antigüidade de 4 anos na categoría inmediata inferior.

Este ascenso producirase automaticamente sen necesidade de exame práctico, cando nos casos en que, cumpríndose a condición dunha antigüidade acreditada de 4 anos nunha determinada categoría profesional, o oficial reúna, a xuízo da empresa, a experiencia e os coñecementos necesarios para desempeñar unha categoría superior.

e) Exceptúanse do réxime de ascensos especificados nas letras B e C, na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa.

As probas dos concursos-oposición consistirán nun exame das aptitudes profesionais, exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames, composta por tres titulares e dous suplentes representantes da empresa e tres titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa.

En caso de igual puntuación daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

No prazo máximo de 15 días publicarase o resultado do exame.

Os declarados aptos recoñeceráselle-la nova categoría para tódolos efectos o día 1º do mes seguinte ó da súa publicación.

Artigo 14º.-Traslados.

a) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, aínda que procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitadas polo persoal do cadro.

Os traballadores coa categoría de especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados, por petición propia, a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior e leven máis de tres anos nun deses postos.

b) Traslados especiais.

Os traballadores que ocupen postos de traballo en cadea de pintura, aplicación de desmoldeantes e limpezas con productos perigosos, serán trasladados a outros postos cando leven máis de tres anos traballando nun dos anteriores postos, salvo que o traballador acepte voluntariamente a permanencia nesles, podendo ser destinados novamente a esta actividade, transcorridos dous anos. Na definición e regulación de postos especiais intervirá a comisión de seguridade e hixiene no traballo.

c) Traslados a outros centros de traballo.

Aplicarase a normativa legal vixente.

TÍTULO III

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Premio de asistencia.

O premio de asistencia permitirá a cada traballador desfrutar días de permiso retribuído en función da súa asistencia ó traballo, consonte as normas que a continuación se articulan:

* Norma 1ª

O premio de asistencia é aplicable a todo o persoal coas posibles excepcións seguintes:

-Xefes de primeira e asimilados.

-Xefes de taller e asimilados.

-Titulados de grao superior e asimilados.

* Norma 2ª

Para a adquisición de días aplicarase o seguinte sistema:

-Persoal mensual a quenda normal: 3 días.

-Persoal mensual a quendas: 4 días.

-Persoal mensual a 3ª quenda: 4 días.

-Persoal horario a quenda normal: 3 días.

-Persoal horario a quendas: 4 días.

-Persoal horario a 3ª quenda: 4 días.

* Norma 3ª

A conta dos días obtidos cada ano péchase a última semana de decembro, séndolles comunicada ós interesados antes do 15 de maio seguinte.

* Norma 4ª

Para cada ano do calendario, o beneficio do premio de asistencia considérase adquirido para todo o persoal definido na norma 1ª e que non tivese un total de ausencias no ano superior a 15 días laborables.

* Norma 5ª

Para a perda de días aplicarase o seguinte baremo:

-De 1 día a 5 días de ausencia: 1 día.

-De 6 días a 10 días de ausencia: 2 días.

-De 11 días a 15 días de ausencia: 3 días.

-Máis de 15 días de ausencia: todos.

* Norma 6ª

Para os efectos do premio de asistencia non se considerarán como ausencias as vacacións, así como determinadas circunstancias definidas no anexo I deste artigo.

* Norma 7ª

Os días xerados nun ano (A) segundo as presentes normas poderán ser utilizados como días de permiso ou compensados economicamente, en todo ou en parte, durante o ano seguinte (A+1) e como máximo ata o 1º de maio do ano posterior (A+2). En todo caso, se en tal data quedasen días pendentes obrigatoriamente serán aboados.

Para a utilización dos días de permiso, precisarase un aviso previo de 5 días laborables e poderanse tomar se as necesidades do servicio o permiten (absentismo inferior ó 10%).

* Norma 8ª

Os beneficios previstos no premio de asistencia poderán acumularse cos que puidesen resultar de novas normas legais e regulamentarias.

Así mesmo, as vantaxes establecidas no presente premio de asistencia modifican e substitúen as concedidas polo anterior plan individual de vacacións.

* Norma 9ª

Os días de premio de asistencia serán aboados como laborables.

ANEXO I

Circunstancias que non se consideran ausencia para efectos do premio de asistencia no conxunto final do período

-Permiso por nacemento de fillo.

-Permiso por matrimonio do traballador/a.

-Permiso por matrimonio de fillos, irmáns, pais e netos.

-Permiso por falecemento de pais, fillos e cónxuxe; avós, netos, irmáns, tíos e parentes por afinidade ata o 2º grao.

-Baixa por accidente laboral.

-Permiso por enfermidade grave do cónxuxe, fillos, pais; avós, netos, irmáns e parentes por afinidade (sogros e avós políticos).

-Permiso para operación de pais, fillos e cónxuxe.

-Permiso (con desprazamento para consulta médica) por enfermidade de fillos ou cónxuxe.

-Permiso por mudanza.

-Permiso por premio de asistencia.

-Citacións oficiais.

-Designación como membro de mesa electoral.

-Retención pola Garda Civil (incendios).

-Paro técnico.

-Permiso por exames.

-Permiso para doazón de sangue.

-Permiso por horas acumuladas (ou por recuperar).

-Saídas inferiores a media xornada.

-Saídas sindicais (dentro do límite regulamentario).

-Folga legal.

Artigo 16º.-Xornada laboral e vacacións.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas cinco horas, para o ano 2003, e de mil setecentas cinco horas, para

o ano 2004, non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (mesmo os retribuídos).

Para efectos de xornada máxima legal semanal, realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual.

Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada, os calendarios laborais e horarios vixentes son aplicación da LET.

Para o persoal de mantemento e moldes establécense calendarios especiais. Este persoal deberá traballa-los días que lle correspondan neses calendarios, con independencia do número de horas, rotación das quendas, vacacións e descansos legais, fixados con carácter xeral.

A empresa por motivos de organización ou productividade, poderá establecer modalidades de calendarios diferentes ós existentes, pactando as condicións co comité de empresa, cun mes de antelación á súa aplicación.

Cando o persoal a quendas traballe unha xornada durante a cal non lle corresponda traballar ó de quenda normal, nos servicios e talleres destes últimos estableceranse, a criterio dos correspondentes responsables, reténs de asistencia segundo as necesidades que eles aprecien.

Ós afectados por estes reténs compensaránselle-las horas traballadas coas do día da semana que elixan, de acordo coas necesidades do servicio.

O período de vacacións será de 30 días (trinta) naturais.

Cada ano de vixencia deste convenio colectivo a empresa, tendo en conta as súas necesidades organizativas e productivas e co obxecto de axusta-las vacacións ás dos nosos clientes, sempre e cando sexan acordes coa lexislación laboral vixente, proporalle á representación dos traballadores o período de desfrute de vacacións, que normalmente se fixará en época estival.

O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica; sen embargo, ó persoal que non continúe durante o transcurso do ano aboaráselle o salario correspondente á parte de vacacións á que teña dereito e non desfrutase, como concepto integrante da súa liquidación por baixa na empresa.

Artigo 17º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade, adicionándose para o persoal horario a prima de producción correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes con xornadas laborables.

-Matrimonio: 15 días naturais.

-Nacemento fillo: 3 días laborables que se poderán desfrutar dentro dos quince días seguintes ó parto. En caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

-Falecemento:

Pais, titores, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

De tíos do traballador e de tíos do cónxuxe: 1 día natural.

De cónxuxe dos irmáns políticos: 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes cinco últimos casos, corresponderá un día natural máis.

-Enfermidade grave:

De pais, titores, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá un día máis.

Operación de pais, fillos ou cónxuxe: 1 día natural.

De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

-Matrimonio: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

-Traslado de domicilio habitual:1 día laborable.

-Permiso por exames oficiais: polo tempo necesario para concorrer ós exames correspondentes, sempre e cando estea matriculado en centros oficiais ou recoñecidos polo Ministerio de Educación e Ciencia, e curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional, a teor da Lei xeral de educación, con posterior xustificación.

-Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 18º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na Ordenanza laboral química e Lei do Estatuto dos traballadores.

A empresa admitirá o excedente nun prazo máximo de 15 días a partir da data en que expire a excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia, daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que el mesmo o solicite.

Se o traballador, transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen das solicitudes de reingreso dos excedentes.

Artigo 19º.-Licencias sen soldo.

Excepcionalmente, a empresa concederalles licencias sen soldo por un período de tempo máximo de tres meses ós traballadores fixos de cadro de persoal, cunha antigüidade de 6 meses nela e por motivos de carácter excepcional, debidamente xustificados, tales como enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais.

Estas licencias sen soldo concederanse sempre e cando o total das concedidas non supere o número de catro para o grupo das categorías de peón, especialistas e especialistas cualificados e o número de dúas para o grupo do resto de categorías.

Para ter dereito a unha nova licencia sen soldo, deberán transcorrer como mínimo dous anos completos desde a data de terminación da anterior.

Tamén se lles concederán licencias sen soldo a aqueles traballadores que o soliciten para realizar exames non recollidos no artigo 17º.

TÍTULO IV

Réxime de retribucións

A) Tempos e rendementos.

Artigo 20º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa e poderán ser: estimados, provisionais e definitivos. Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse os tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

Artigo 21º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados, excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc...

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de pezas por transporte, recuperación de pezas defectuosas, etc...

Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos. Nos casos de discrepancia individual aplicarase o disposto no artigo 5 e 6 da Ordenanza de traballo para a industria química.

Artigo 22º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización de traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu Kb habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se traballa a prima individual, a compensación da aprendizaxe consistirá en aboarlle toda a quincena o Kb obtido nos últimos días, sen supera-lo Kb medio obtido nas tres últimas quincenas no posto anterior.

Esta compensación, que terá unha duración máxima de dúas quincenas, deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu Kb. Se o cambio se produciu despois dos seis primeiros días da quincena, ou dura menos de seis días impedíndolle ó operario chegar a un Kb razoable, pagaráselle toda a quincena o Kb proporcional que resultaría de seguir en toda ela o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o Kb que obteña o grupo, e, para que ese Kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo operario, emitiránselle a este solicitudes de aprendizaxe diarias, en función das horas doutros operarios productivos que haxa que empregar para completa-lo posto do novo operario.

Estas solicitudes seranlle aboadas, así mesmo, ó Kb medio que obteña o grupo, ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando o operario xa traballara no dito grupo e, ata un máximo de corenta horas, nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima e, nas cadeas, o das operacións asignadas a ese traballador, especificado por operacións.

Artigo 23º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb = 0,75, equivalente a 45 minutos hora, para efectos do disposto na normativa legal vixente, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º letra e) LET, o que este viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal, un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o artigo 54.2º letra e) LET, será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime se como consecuencia diso se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario, para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 24º.-Comisión paritaria de tempos.

Para atender sobre as reclamacións individuais nacidas da aplicación do sistema de análise e control de rendementos persoais, existirá unha comisión paritaria de tempos, composta por 4 membros representantes da dirección (dous titulares e dous suplentes) e 4 membros do comité de empresa (dous titulares e dous suplentes).

De entre e polos compoñentes da comisión, será elixido un presidente e un secretario, cargos estes que deberán recaer en membros de ambas representacións.

Tódolos membros titulares desta comisión disporán de vinte horas retribuídas ó mes para o desempeño das súas funcións.

Reunións da comisión paritaria: haberá dous tipos de reunións, ordinarias e extraordinarias. As ordinarias terán lugar unha vez ó mes dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas por iniciativa xustificada de calquera das dúas representacións.

Tódalas reunións, tanto ordinarias como extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de antelación, con indicación de lugar de reunión, día, hora e orde do día.

A comisión paritaria enviará informe de tódalas reunións que realice, ó comité de empresa e á dirección desta.

De solicitalo, a comisión paritaria será informada dos rendementos obtidos polos diferentes talleres de fábrica en cada unha das quincenas do ano.

B) Condicións económicas.

Artigo 25º.-Salarios.

O 1º de xaneiro de 2003 os salarios de fábrica experimentarán un aumento do 2,9%, que se aplicará de forma proporcional para tódolos traballadores e sobre salarios e primas. Para o ano 2004 o aumento será o IPC oficialmente previsto máis o 0,90%, que se aplicará o 1 de xaneiro sobre as táboas resultantes do ano anterior, unha vez efectuada a revisión salarial, se a houber.

a) Retribución do persoal horario.

Componse de salarios convenio, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

O salario convenio, que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o seguinte:

-Peóns ordinarios: 3,2464 euros brutos/h ou 25,9716 euros brutos/día.

-Peóns especializados: 3,3311 euros brutos/h ou 26,6491 euros brutos/día.

-Especialistas: 3,4158 euros brutos/h ou 27,3267 euros brutos/día.

-Especialistas cualificados 3ª: 3,4577 euros brutos/h ou 27,6613 euros brutos/día.

-Especialistas cualificados 2ª: 3,4994 euros brutos/h ou 27,9956 euros brutos/día.

-Especialistas cualificados 1ª: 3,5412 euros brutos/h ou 28,3298 euros brutos/día.

-Esp. cual. xefe equipo: 3,6482 euros brutos/h ou 29,1854 euros brutos/día.

-Oficiais de 3ª: 4,0067 euros brutos/h ou 32,0535 euros brutos/día.

-Oficiais de 2ª: 4,2080 euros brutos/h ou 33,6642 euros brutos/día.

-Oficiais de 1ª: 4,4033 euros brutos/h ou 35,2261 euros brutos/día.

b) Retribución do persoal mensual e táboas de retribucións mínima.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas para o ano 2003, en 2,9% e para o ano 2004, no IPC oficialmente previsto máis o 0,90%.

Táboa de retribucións mínimas.

* Grupo administrativo.

-Xefe administrativo 1ª: 23.809,85 euros brutos/ano.

-Xefe administrativo 2ª: 21.173,50 euros brutos/ano.

-Oficial administrativo 1ª: 19.065,26 euros brutos/ano.

-Oficial administrativo 2ª: 16.166,43 euros brutos/ano.

-Auxiliar administrativo: 14.848,78 euros brutos/ano.

* Grupo técnico.

Técnico de taller:

-Contramestre: 21.173,50 euros brutos/ano.

-Encargado: 19.065,26 euros brutos/ano.

Técnicos de organización:

-Xefe organización 1ª: 23.809,85 euros brutos/ano.

-Xefe organización 2ª: 21.964,09 euros brutos/ano.

-Técnico organización 1ª: 19.855,85 euros brutos/ano.

-Técnico organización 2ª: 18.011,17 euros brutos/ano.

-Auxiliar de organización: 16.298,21 euros brutos/ano.

Técnicos titulados:

-Enxeñeiro: 21.173,50 euros brutos/ano.

-Licenciado: 21.173,50 euros brutos/ano.

-Enxeñeiro técnico: 18.011,17 euros brutos/ano.

-Graduado social: 18.011,17 euros brutos/ano.

Artigo 26º.-Complemento de puntualidade e prima de asistencia.

Para tódalas categorías de persoal horario, a súa aplicación manterase de acordo cos criterios actuais, sobre as horas ordinarias, pero aumentando o seu valor, para 2003, a 0,1372 euros brutos/hora, e para o ano 2004, o IPC oficialmente previsto mailo 0,90%.

Para o persoal mensual, a prima de asistencia e puntualidade para 2003 será de 248,9655 euros brutos/ano e, para 2004, o IPC oficialmente previsto mailo 0,90%, sendo as súas normas de aplicación as mesmas que se utilizan para o persoal horario.

Artigo 27º.-Primas de producción directa.

As primas de producción directa devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 30 deste texto, seguindo o criterio:

Para o ano 2003, o minuto producido terá un valor de 0,0372 euros ata 54 minutos hora (Kb. 0,90) e de 0,0404 euros para os minutos hora que excedan de 54, ou, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

Ata Kb 0,90 prima = 2,2319 euros x Kb euros/hora

Desde Kb 0,91 prima = 2,4258 -0,1745 euros x Kb euros/hora

Para o ano 2004, aplicarase o IPC oficialmente previsto mailo 0,90%.

Artigo 28º.-Primas de producción indirecta.

(Tarifa fixa-Mantemento-Moldes)

Para o ano 2003, pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en euros/hora = 1,6709 x coeficiente + 0,6404 euros/h.

Para o ano 2004 aplicarase o IPC oficialmente previsto mailo 0,90%.

Artigo 29º.-Primas de cualificación de postos de peóns e especialistas.

Para o ano 2003 devénganse sobre os tempos establecidos no artigo 30º e a partir, como é habitual, do rendemento Kb = 0,75, cos valores seguintes:

1: 0,0351 euros/minuto producido.

2: 0,0611 euros/minuto producido.

3: 0,1226 euros/minuto producido.

4: 0,2357 euros/minuto producido.

5: 0,3320 euros/minuto producido.

6: 0,4620 euros/minuto producido.

7: 0,5744 euros/minuto producido.

8: 0,7038 euros/minuto producido.

9: 0,8335 euros/minuto producido.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

Para regradores especialistas = 0,7174 euros/hora

Para o ano 2004 aplicarase o IPC previsto oficialmente mailo 0,90%.

Artigo 30º.-Aplicación das primas de producción en persoal horario.

Aplicaranse, como é habitual, sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ó rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Tempos de descanso ou valor mínimo garantido (Kb = 0,60) no persoal afectado.

c) Vacacións (30 días) ou a súa proporción.

d) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal (25 días) ou a súa proporción, nos tres últimos meses traballados.

Así mesmo, aplicaranse sobre as horas de licencias retribuídas conforme o artigo 17º.

Para as letras c) e d), así como para as licencias retribuídas, aplicaranse os valores medios das primas de producción obtidas nos tres últimos meses traballados.

Artigo 31º.-Primas de postos non cronometrados.

Para o ano 2003, a prima fixa para os postos non cronometrados establécese cos seguintes valores:

-Peóns ordinarios: 1,4888 euros brutos/h.

-Peóns especializados: 1,5662 euros brutos/h.

-Especialistas: 1,6438 euros brutos/h.

-Especialistas cualificados 3ª: 1,6438 euros brutos/h.

-Especialistas cualificados 2ª: 1,6438 euros brutos/h.

-Especialistas cualificados 1ª: 1,6438 euros brutos/h.

-Esp. cual. xefe equipo: 1,7135 euros brutos/h.

-Oficiais de 3ª: 1,8320 euros brutos/h.

-Oficiais de 2ª: 1,9011 euros brutos/h.

-Oficiais de 1ª: 1,9571 euros brutos/h.

Para o ano 2004 aplicarase o IPC oficialmente previsto mailo 0,90%.

Artigo 32º.-Postos tóxicos, penosos e perigosos.

Para o ano 2003, será aumentada a contía das primas, pasando todo o persoal afectado por este concepto a cobrar 0,1324 euros brutos/hora.

Para o ano 2004 aplicarase o IPC previsto oficialmente mailo 0,90%.

Artigo 33º.-Complemento por condicións especiais de traballo.

Os postos de traballo definidos segundo o artigo 14º B) deste convenio terán dereito a unha bonificación por un importe de 0,1449 euros/hora de presencia no posto, estando incluída neste importe a parte proporcional das pagas extras e vacacións. Para o ano 2004 aplicaráselle o IPC previsto máis 0,90%.

Artigo 34º.-Complemento por traballo nocturno.

O complemento por traballo nocturno, nos casos aplicables, consistirá no trinta e cinco por cento do salario base.

Artigo 35º.-Antigüidade.

O valor da antigüidade para 2003 será o seguinte, por cada trienio que corresponda:

* Persoal horario: 0,0623 euros brutos/hora.

* Persoal mensual: 211,7880 euros brutos/ano.

Para o ano 2004 aplicarase o IPC oficialmente previsto mailo 0,90%.

Artigo 36º.-Complemento por xornada a quendas.

É un complemento salarial de posto de traballo aplicable ó persoal que traballe en quendas rotativas de mañá e tarde ou noite.

Devengarase sobre as horas efectivas de traballo e sobre o número de horas polo concepto prima de producción nas pagas extraordinarias e nas vacacións. O valor para o ano 2003 fíxase en 0,1540 euros brutos/hora e para o ano 2004, aplicarase o IPC previsto oficialmente mailo 0,90%.

Para o persoal que traballa máis de tres quendas rotativas, o valor para o ano 2003 fíxase en 0,2242 euros brutos/hora, e para o ano 2004, aplicarase o IPC oficialmente previsto mailo 0,90%.

Artigo 37º.-Complemento por adaptación de xornada laboral.

a) Para o ano 2003 aboaráselle-lo importe de 278,30 euros ou a súa proporción a tódolos traballadores fixos e eventuais que, estando de alta no ano 2001, teñan o seu contrato en vigor ou o renoven no ano 2003.

Este importe ratearase en función dos días de permanencia na empresa en cómputo anual, actualizándose cada ano no % de incremento que se acorde para o convenio colectivo. Este punto non será de aplicación para o persoal que cause alta na empresa a partir do 1-1-2002.

b) Para o ano 2003 aboaráselle o importe de 140 euros en concepto de adaptación do calendario laboral a todo o persoal fixo, eventual con contrato DOS e eventual de circunstancias de producción que, no transcurso do ano 2003, puidese ser obxecto de transformación dese contrato a contrato DOS. Este importe actualizarase cada ano no % de incremento que se acorde para o convenio colectivo.

Este punto non será de aplicación para o persoal que causase alta a partir do 1-1-2003.

Artigo 38º.-Horas extraordinarias.

O valor da hora extraordinaria sera de 0,0047 euros por cada 6,01 euros do salario anual nos conceptos: salario convenio, antigüidade e prima de producción, se é o caso, que individualmente corresponda.

A empresa deberalles comunicar ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente e, cando menos, deberá efectuarse 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, caso no que se considerará obrigatoria a prestación.

Se as circunstancias técnicas e productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano.

A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 39º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborables e 5 festivos, cada unha delas.

A empresa aboarálle-las pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal, completas, a tódolos traballadores que estivesen en situación de IT no semestre anterior, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

Para o ano 2003, procederase a unha revisión salarial a partir do mes en que o IPC supere de maneira continuada o IPC previsto (2%). Se anteriormente a este mes se producisen oscilacións superiores e inferiores do IPC real respecto do IPC previsto, a regularización durante o período de oscilacións será a diferencia que existe entre a media aritmética dos IPCs deste período e o IPC previsto, sempre e cando esta diferencia sexa positiva. Esta revisión salarial farase efectiva unha vez que o INE constate fidedignamente, o 31-12-2003, tal circunstancia. Os correspondentes novos niveis servirán de base para a negociación de salarios para 2004.

Para o ano 2004 procederase a unha revisión salarial a partir do mes en que o IPC supere de maneira continuada o IPC previsto. Se anteriormente a este mes se producisen oscilacións superiores e inferiores do IPC real respecto do IPC previsto, a regularización durante o período de oscilacións será a diferencia que existe entre a media aritmética dos IPCs deste período e o IPC previsto, sempre e cando esta diferencia sexa positiva. Esta revisión salarial farase efectiva unha vez que o INE (Instituto Nacional de Estatística) constate fidedignamente o 31-12-2004 tal circunstancia. Os correspondentes novos niveis servirán de base para a negociación de salarios para o ano 2005.

TÍTULO V

Previsión e política social

Artigo 41º.-Formación.

Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense continuará potenciando as súas accións de formación destinadas ó conxunto do persoal para o seu perfeccionamento profesional e a súa adaptación permanente ás novas tecnoloxías de producción e ós novos métodos de organización e xestión.

O plan establecido para 2003 e 2004 prevé cubri-las seguinte áreas:

* Automatismos e novas tecnoloxías.

* Organización e métodos.

* Calidade.

* Informática e microinformática.

* Recursos humanos.

* Técnicas específicas do taller.

* Idiomas.

* Prevención de riscos laborais.

* ESP.

* IP.

* Management.

* Medio natural.

* Formacións específicas e outras.

A asistencia ós diferentes cursos estará determinada pola necesidade de lle proporcionar ó persoal os coñecementos requiridos para un desenvolvemen

to eficaz das súas funcións e unha correcta adaptación á evolución técnica e organizativa da empresa.

A empresa proporcionaralle trimestralmente á representación dos traballadores información sobre o grao de cumprimento do plan de formación

Artigo 42º.-Bolsas de estudio.

Para o ano 2003, a empresa concederá 10.076,97 euros destinados a bolsas de estudio, coa seguinte distribución:

Por definir:

-Euros para carreiras superiores.

-Euros para carreiras medias.

-Euros para BUP e COU.

-Euros para estudios EXB+FP 1º e 2º grao.

-Euros outros estudios (a criterio da comisión).

No caso de quedaren bolsas de estudios sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo xustificante da matrícula e a factura dos libros e materiais de ensino para os estudios indicados.

Para a selección de solicitudes crearase unha comisión paritaria composta por catro membros do comité de empresa e catro representantes da dirección, que actuarán segundo as normas que a propia dirección estableza, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Para o ano 2004, aplicarase o IPC oficialmente previsto mailo 0,90%.

Artigo 43º.-Vivendas.

Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense mantén o fondo de 66.000 euros para o ano 2003 e 76.000 euros para o ano 2004 como dotación para préstamos destinados á adquisición, construcción e reparación de vivenda propia, que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar, dándolles preferencia ás vivendas en réxime de cooperativa ou de iniciativa oficial.

Ó persoal eventual esixiráselle que polo menos teña acreditado un ano de antigüidade ininterrompida na empresa e o aval dun empregado fixo de cadro de persoal.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

* Importe máximo: 6.010,121 euros.

* Prazo de devolución: 5 anos.

* Xuro: 2%.

A dirección establecerá as diferentes contías dos préstamos en función da situación familiar e as normas para a súa concesión

Para a concesión dos préstamos crearase unha comisión paritaria composta por dous membros do

comité de empresa e dous representantes da dirección, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Artigo 44º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, deba desprazarse a unha localidade distinta daquela onde está o seu centro de traballo.

Artigo 45º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal.

O capital asegurado será equivalente ó salario anual, entendendo por tal, de se-lo caso, o salario convenio, prima de producción e antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial do 1º de xaneiro de cada ano.

Para o ano 2003, o capital asegurado será o equivalente ó salario anual evolucionado nun 25 % e garantiranse os riscos alternativos seguintes:

* Morte natural: aboamento do capital asegurado.

* Invalidez permanente total: aboamento do capital asegurado.

* Invalidez permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

* Grande invalidez: aboamento do capital asegurado.

* Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

Para o ano 2004 aboarase un complemento lineal de 12.000 euros en caso de morte ou incapacidade derivada de accidente.

A cobertura deste seguro alcanza a totalidade do cadro de persoal fixo e eventual da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de incapacidade transitoria.

A cobertura asegurada de incapacidade permanente total farase efectiva no momento de causar baixa no cadro de persoal da empresa e do recoñecemento legal de tal situación

Acórdase, así mesmo, que a súa cobertura se estenda ata o máximo previsto no artigo 131.bis 2º da Lei da Seguridade Social, segundo redacción dada pola Lei 42/1994, do 30 de decembro, como situación legal de invalidez provisional. Para iso é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos os capitais asegurados, manterán o nivel que tiñan no momento de finalización do prazo de incapacidade transitoria.

Artigo 46º.-Mutualidade de previsión social.

A contribución da empresa á mutualidade Labauto-Allibert Orense de previsión social, durante a vixencia do presente convenio colectivo, será a resultante de multiplica-lo número de efectivos de Fau

recia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense pola contribución por efectivo, correspondente ó outro socio protector, Labauto Ibérica, S.A.

Artigo 47º.-Economato.

Para o ano 2003, aboaráselle a cada traballador fixo de cadro de persoal, a suma de 216,39 euros brutos anuais, máis un complemento de 232,79 euros anuais, como compensación pola supresión do economato laboral. Estas cantidades actualizaranse cada ano no % de incremento que se acorde para o convenio colectivo.

Para o ano 2004 aplicarase o IPC previsto oficialmente mailo 0,90%.

Artigo 48º.-Prestación complementaria por incapacidade transitoria.

Nas baixas por accidente laboral, ocorrido durante o tempo de presencia en fábrica, incluídos os in itinere, a empresa aboará desde o primeiro día de baixa e ata o vixésimo día de baixa, ambos inclusive, a diferencia entre as prestacións e demais remuneracións percibidas, e o 100% do seu salario real individual.

Ó mesmo tempo, se a baixa fose por enfermidade ou accidente non laboral, sempre e cando exista hospitalización do traballador, a empresa aboará desde o primeiro día de hospitalización e ata o vixésimo día de baixa, ambos inclusive, a diferencia entre as prestacións e demais remuneracións percibidas, e o 100% do seu salario real individual.

Artigo 49º.-Financiamento de vehículos.

Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense para 2003 manterá o fondo de 30.050,61 euros e, para o ano 2004, o fondo será de 30.050,61 euros como dotación para préstamos destinados á adquisición de vehículos novos ou usados de fabricación española.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

* Importe máximo: 3.005,061 euros.

* Prazo de devolución: 4 anos.

* Xuro: 3%.

Para a concesión destes préstamos terase en conta a situación familiar do solicitante, a súa antigüidade na empresa; dándoselles preferencia ós traballadores que carezan de vehículos sobre os que o teñan.

Ó persoal eventual esixiráselle que polo menos teña acreditado un ano de antigüidade ininterrompida na empresa e o aval dun empregado fixo de cadro de persoal.

Durante 2003 crearase unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos, composta por dous membros representantes do comité e por outros tantos membros representantes da dirección. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 50º.-Prevención de riscos laborais.

O comité de seguridade e saúde laboral e a dirección da empresa serán os encargados de velar polo cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e de calquera outra lexislación nesta materia. Para isto, Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, proverá os medios precisos ó seu alcance en colaboración cos traballadores, para mellora-la calidade de vida, as condicións de traballo e a formación en materias preventivas de riscos laborais.

A Lei 31/1995, do 8 de decembro, constitúese como a norma básica de actuación para tódalas partes implicadas en materia de prevención de riscos laborais e, ó mesmo tempo, manterase como principio de xestión da seguridade en toda a fábrica a integración da prevención de riscos laborais no conxunto de actividades e decisións. Con este fin, para tódolos sectores e coa colaboración, tanto dos delegados de prevención, como dos servicios de prevención, elaborarase un plan anual de prevención.

Funcións do comité de seguridade e saúde laboral.

O comité entenderá daqueles problemas referentes á seguridade e saúde laboral, como son:

-Examina-la frecuencia dos accidentes e enfermidades profesionais, para poder detecta-los postos en que se producen e as condicións que os crean, así como coñece-las investigacións realizadas polos técnicos da empresa ó respecto.

-Investiga-las causas dos accidentes e das enfermidades profesionais producidas na empresa, co obxecto de evitar uns e outros, e nos casos graves e especiais, practica-las informacións correspondentes.

-Solicitar a través do servicio de seguridade, do persoal directivo, técnico e mandos intermedios da empresa, que prohiban ou paralicen, de se-lo caso, os traballos en que se advirta perigo inminente de accidentes ou doutros sinistros profesionais cando non sexa posible o emprego dos medios adecuados para evitalos.

-O comité de seguridade e saúde laboral terá dereito a estar asistido dentro da fábrica polos técnicos do gabinete técnico provincial de seguridade e hixiene para o estudio de calquera problema.

Así mesmo, poderá solicitar información sobre procesos, materiais e condicións ambientais relacionados con aqueles postos específicos, o estudio dos cales necesite realizar.

Reunións.

O comité de seguridade e saúde laboral reunirase mensualmente para analiza-las situacións observadas polos delegados de prevención na fábrica ou sectores desta, especialmente sobre materias de riscos potenciais, equipos de protección persoal e prácticas inseguras. E ó mesmo tempo para analiza-lo grao de cumprimento do plan anual de prevención.

Tamén se poderán reunir por iniciativa, ben da dirección da empresa ou dos delegados de prevención.

Plan de formación.

O plan de formación da empresa incluirá a formación teórico-práctica necesaria en materia preventiva, tanto en aspectos xerais como específicos do posto de traballo ou funcións que se vaian desempeñar. Prestarase especial atención ó persoal de nova incorporación.

Artigo 51º.-Sistema de clasificación profesional.

Consistirá en: implantar un novo método de valoración de postos máis sinxelo e adaptado ás novas necesidades e profesionalidade derivada da evolución tecnolóxica.

Procedemento de evolución profesional do persoal horario.

Farase unha identificación das competencias potenciais de tódolos traballadores e desenvolverase o concepto de polivalencia funcional. Enténdese como polivalencia funcional a aptitude para dominar completamente en cantidade e calidade unha etapa lóxica na fabricación dun producto destinado ó automóbil ou dun proceso productivo.

Enténdese por etapa lóxica na fabricación dun producto destinado ó automóbil, o conxunto ordenado e relacionado de tarefas dunha ou varias especialidades propias da técnica de fabricación destes (loxística, control, mantemento, fabricación, etc.).

Enténdese por proceso productivo un conxunto de operacións de producción que teñen por obxecto obter ou transformar un elemento funcional dun producto destinado ó automóbil (taboleiro de bordo, parachoques, ebanisterías, pezas periféricas, etc.).

Niveis de polivalencia e a súa equiparación profesional.

-1º Nivel polivalencia=especialista cualificado 3ª.

Persoa que domina máis de dous postos dun proceso productivo ou GAP

-2º Nivel polivalencia=especialista cualificado 2ª.

Persoa que domina todo un proceso productivo ou GAP e ademais é capaz de formar outros operadores na súa GAP

-3º nivel polivalencia=especialista cualificado 1ª.

Persoa que domina máis dunha GAP ou procesos productivos de diferente tecnoloxía, e é capaz de formar outros operadores nas GAP'S que domina

Criterios de aplicación do novo sistema.

Realizada e constatada a identificación das competencias potenciais de tódolos especialistas e especialistas cualificados, asignaráselle a categoría provisional ó nivel de polivalencia que lle corresponda.

Non obstante, nos casos en que a categoría profesional actual fose superior á que resultase da aplicación deste novo sistema, respectaráselle o nivel retributivo da categoría actual.

Principios de progresión ata especialista cualificado de 1ª.

A progresión profesional ata a categoría de especialista cualificado de 1ª baséase no principio da polivalencia funcional. Esta progresión desenvolverase da maneira seguinte:

-A integración en novas funcións levará consigo a formación práctica e técnica necesaria.

-A promoción a nivel superior de polivalencia unha vez demostrado o dominio do nivel de polivalencia, en cantidade e calidade.

-Se a calidade, cantidade, nivel de participación, cumprimento de normas de seguridade e capacidade de formación, se é o caso, non fosen satisfactorias e non permitisen unha proposta de evolución, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador coa presencia dalgún representante do comité de empresa, e confirmadas por escrito.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da Ordenanza de traballo para a industria química, do 24 de xullo de 1974, se aplicará a título de dereito dispositivo mentres as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se deben reuni-las partes contratantes a través das súas respectivas comisións negociadoras.

Terceira.-Formacións previas.

Como parte das estipulacións do presente convenio colectivo, ámbolos contratantes manifestan a súa intención de informar e discutir previamente en reunión conxunta, todas aquelas cuestións de incidencia colectiva e, que, se é o caso poidan ser susceptibles de formulacións administrativas ou xurisdiccionais.

ANEXO I do convenio colectivo para 2003 e 2004

A) Relación de complementos non recollidos en convenio para os anos 2003 E 2004:

-Complemento festivo.

Xornada laboral en festivo: 4,2121 euros/h.

Xornada laboral en festivo extra: 2,7559 euros/h.

-Complemento por descanso.

En recuperación voluntaria: 4,3979 euros/h.

-Correquenda: 0,1152 euros/h.

-Complemento de voluntariedade de quenda fixa noite: 0,9794 euros/h.

Para o ano 2004 aplicarase o IPC previsto oficialmente mailo 0,90%.

B) Outros acordos.

B1. Para 2003 a empresa concederalles un día de premio de asistencia a tódolos traballadores, para desfrutar individualmente e, para o ano 2004, a empresa concederalles dous días de premio de asistencia a tódolos traballadores, que se desfrutarán individualmente.

B2. Mellora de emprego: ó abeiro do artigo 15 LET, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, e R.D. 2720/1998, que desenvolve o citado artigo 15 LET, e con base no principio de contribuír á competitividade da empresa, á mellora de emprego e á reducción da temporalidade e rotación deste, chégase ós seguintes acordos:

1. Definición e natureza dos contratos.

Por razón da permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasificaranse en:

-Fixos.

-Interinos.

-Temporais.

1.1. Son traballadores fixos os vinculados á empresa en virtude dun contrato de traballo subscrito por tempo indefinido de forma verbal ou escrita.

1.2. Son traballadores interinos os que substitúen un traballador durante a súa ausencia por causas de enfermidade (IT), servicio militar, prestación social substitutoria e outras de natureza análoga que obriguen a empresa a reserva-la súa praza ausente.

1.3. Son traballadores temporais os vinculados á empresa por un contrato de duración determinada de natureza conxuntural, estructural ou formativa.

Os contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderán ter unha duración máxima de 9 meses dentro dun período de 12 meses, contados a partir do momento en que se produzan estas causas, todo iso por remisión expresa ó convenio xeral da industria química.

Os contratos de duración determinada para a realización dunha obra ou servicio determinado, unha vez identificados os sectores con substantividade propia no ámbito da empresa, acórdase que lles sexan de aplicación ós traballadores que desenvolvan a súa actividade nas áreas relacionadas coos vehículos X84 de Renault e M59, C15 ou N68 de Citroën ou calquera outro vehículo que no transcurso da vixencia deste convenio puidese implantarse.

Ámbalas partes comprométense a fixar anualmente os criterios xerais relativos á adecuada relación entre

o volume destas dúas modalidades contractuais e o cadro de persoal total da empresa, en atención ó carácter estacional, conxuntural ou estructural da actividade, en que estas circunstancias se poidan producir, co obxecto de poder levar a cabo unha mellor adecuación dos recursos humanos á productividade da fábrica.

No suposto de que algunha autoridade invalidase a cláusula do convenio xeral da industria química a que se fixo remisión, o punto 1.3. referente a contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, quedará sen efecto.

Ourense, 27 de maio de 2003.