Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello do Barco de Valdeorras, en sesión extraordinaria-urxente do 27 de xuño de 2003, coa maioría legal prevista no artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, aprobou o dictame da Comisión de Obras, Urbanismo e Medio Rural, de data 24 de xuño de 2003, coa parte dispositiva do seguinte teor literal:

Aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Barco de Valdeorras, redactado por Idasa e con informe previo e favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de acordo co establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia, de aplicación de acordo coa disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural. Que se procederá á publicación do acordo de aprobación definitiva no DOG e da normativa urbanística no BOP, en atención ó establecido no artigo 48 da derrogada Lei 1/1997, do solo de Galicia. Así mesmo, que se dea conta da aprobación definitiva á citada consellería, dando traslado de copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que

integran o plan, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Así mesmo, e de acordo co establecido no artigo 92 da Lei 9/2002, faise constar no presente anuncio que se remitiu a documentación á consellería competente con data 18 de xullo de 2003.

En contra do presente acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, nos termos dos artigos 52.2º a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contenciosa-administrativa.

O Barco de Valdeorras, 18 de xullo de 2003.

Alfredo L. García Rodríguez

Alcalde