Expediente nº: 18/2003.
Obxecto: equipamento de mobilario deportivo e de oficina do pavillón polideportivo de Ourense.
Localidade: Ourense.
Importe licitación: lote 1: 122.320 euros, IVE incluído; lote 2: 7.843 euros, IVE incluído.
Prazo de entrega: 30 días (para ámbolos dous lotes).
1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.
2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número: 2. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.
5. Garantías: provisional: 2% dos importes de licitación. Definitivas: 4% dos importes de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo, r/ Oporto nº 1, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13.00 horas.
9. Gastos do anuncio: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.
Vigo, 23 de xullo de 2003.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo