Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-A-2003/14 (animais domésticos-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común notifícáselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 25 de xuño de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2003/14.

Denunciado: Casa Grande das Calpedriñas, S.L.

Enderezo: r/ Placer, nº 1 A 4 6 de Vigo (Pontevedra).

DNI: B36305787.

Feitos denunciados: club de hípica, dotado dunha pista de area, para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa equitación, así como cortes para o aloxamento de cabalos e dependencias de mantemento e limpeza.

Compróbase como nas cortes hai un total de 5 cabalos.

Requirido o xerente da empresa (Club Hípica Monte Aldir), e solicitada a preceptiva documentación (inscrición no Rexistro de Núcleo Zoolóxico da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia), manifesta posuíla, non acreditando estar en posesión dela.

Feitos denunciados ás 10.55 horas do día 1 de marzo de 2003 no lugar de Portaparada, s/n, parroquia de Maceira no termo municipal de Covelo.

Data do acordo da incoación: 23 de maio de 2003.

Precepto infrinxido: artigo 21.1º f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.