Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente incoado por infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos ESCA 136/2002-LU, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advírteselle que, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

Lugo, 24 de xuño de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: nº ESCA 136/2002-LU.

Denunciado: Construccións Font de Vila.

CIF: B-27188846.

Enderezo: Villasante-Fontao, número 9-Sarria (Lugo).

Feito denunciado: abandono de residuos de obras de demolición.

Resolución: sobresemento e arquivo.