Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-A-2003/22 (animais).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador por infracción á lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveña ó seu dereito, advertíndolle que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 3 de xullo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2003/22.

Denunciado: Juan Manuel Íñigo Rodríguez.

Enderezo: avda. Castelao, nº 87, portal 9, baixo esquerda, Vigo.

DNI: 36142562-V.

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso de raza Doberman solto e sen buceira. Carece de licencia municipal, certificación da inscrición do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.

En relación ás deficiencias observadas, o propietario manifestou ós actuantes que era coñecedor da obriga de telas en regra e, en canto á buceira do animal, manifestou que o seu veterinario lle aconsellara que xa que o can non ten agresividade, era mellor non poñerlla, xa que lla podía crear.

Data do acordo da incoación: 9 de xuño de 2003.

Precepto infrinxido: infracción moi grave do artigo 13.1º b) e grave do artigo 13.2º d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 3.000 A.