Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de xullo de 2003, da Subdirección Xeral do Tesouro, polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito definitivo en metálico 1714/1998, para os efectos da expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito nº 1714/1998 constituído o día 15 de outubro de 1998 en Santiago de Compostela, por medio de depósito definitivo en metálico polo importe de 3.966,68 euros, e que garante a empresa Griffon Hovercraft Limited.

Requírense, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar que deberán presentalo na Subdirección Xeral do Tesouro da Consellería de Economía e Facenda, con domicilio en el edificio administrativo nº 3 de San Caetano en Santiago de Compostela.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro