Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.054

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (128/2001).

Ana María Navarro Gómez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fai saber:

Que en virtude do acordado en resolución do día da data dictado no procedemento de execución de títulos xudiciais 128/2001, que se segue neste xulgado por instancia de Teconsa representado por Benjamín Victorino Regueiro Muñoz, contra Sociedad Cooperativa de Viviendas para o Persoal ó Servicio da Administración Autónomica, representada pola procuradora sra. Sánchez Silva, en reclamación de dous millóns setenta e dous mil corenta e tres con nove euros de principal, douscentos sesenta e sete mil setecentos dezaoito con corenta e nove euros de xuros moratorios e ordinarios vencidos, máis outros setecentos un mil novecentos vinteoito con corenta e sete euros, fixados prudencialmente para xuros e custas de execución, polo presente edicto anúnciase a venda en pública poxa, con antelación

de vinte días, cando menos, dos seguintes predios propiedade do executado, segundo descrición que consta no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, onde constan inscritas:

1. Predio rexistral número 14.774. Urbano.-Parcela número cento trinta e oito. Parcela sinalada co número 139 no plano parcelario, nunha urbanización sita en Laraño, Paredes e Vidán, neste municipio de Santiago de Compostela, da extensión de cinco mil metros cadrados. Linda: norte, zona verde; oeste, zona verde río Sar; leste, muro de peche e camiño de Vidán á Ponte Vella e sur, varios propietarios. Valorada en 300.506 euros.

2. Predio rexistral número 14.768. Urbano.-Parcela número cento trinta e tres. Parcela de uso privado, nunha urbanización sita en Laraño-Paredes e Vidán, neste municipio de Santiago de Compostela, da extensión de oitocentos cincuenta e seis metros cadrados. Linda: polos catro ventos con viais da urbanización. Valorada en 111.547 euros.

3. Predio rexistral número 14.769. Urbano.-Parcela número centro trinta e catro-A. Parcela de uso privado, nunha urbanización sita en Laraño-Paredes e Vidán, deste municipio de Santiago de Compostela, da extensión de trescentos vintecatro metros cadrados. Linda: norte, sur e leste, zona verde e oeste, terreo da Papeleira de Brandía, S.A. Valorada en 19.472 euros.

4. Predio rexistral número 14.770. Urbano.-Parcela número cento trinta e catro-B. Parcela de uso privado, nunha urbanización sita en Laraño, Paredes e Vidán, neste municipio de Santiago de Compostela, da extensión de dous mil catrocentos setenta metros cadrados. Linda: norte e leste, zona verde; sur, río Sar; oeste, terreo da Papeleira de Brandía, S.A. Valorada en 148.450 euros.

5. Predio rexistral número 14.771. Parcela número cento trinta e cinco. Parcela de uso privado, nunha urbanización sita en Laraño-Paredes e Vidán, deste municipio de Santiago de Compostela, da extensión de seiscentos metros cadrados. Linda: norte, estrada de Santiago de Compostela a Noia, sur e leste, vial da urbanización e oeste, zona verde. Valorada en 36.060 euros.

A poxa terá lugar o próximo día 14 de outubro de 2003, ás 10.30 horas na sala de audiencia deste xulgado sito na secretaría deste xulgado conforme coas seguintes condicións:

1ª Os predios embargados foron valorados para efectos de poxa, nas cantidades antes referidas.

2ª A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación dos predios que se poxan, estará de manifesto na secretaría deste xulgado.

3ª Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

4ª As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes entendéndose polo só feito de participar na poxa, que o licitador os admite e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicase ó seu favor.

5ª Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar, previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, oficina xudicial de Santiago de Compostela, conta número 1583, o 30% do valor do predio ou predios, para efectos de poxa, devolvéndose as cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen nesta, excepto ó mellor ofertante, agás que soliciten o seu mantemento a disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo, debendo consignar así mesmo no dito xustificante se, se é o caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou en parte a un terceiro identificándoo adecuadamente.

6ª Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado ó que se deberá acompaña-lo xustificante de ter realizada a consignación a que se refire a condición anterior, os cales serán abertos ó inicio da poxa, producindo os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

7ª Só o executante poderá facer ofertas coa facultade de cede-lo remate a un terceiro, podendo tomar parte na poxa só cando existan licitadores, podendo mellora-las ofertas que fixesen.

8ª Para o caso de que se fagan ofertas que non superen alomenos o 50% do valor de taxación ou aínda sendo inferior, cubran, alomenos, a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, non se aprobará o remate agás que o tribunal acorde outra cousa á vista das circunstancias concorrentes no procedemento.

9º O presente edicto estará exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e nos lugares públicos de costume ata a data de celebración da poxa, así como se inserirá no BOP e Diario Oficial de Galicia, atendidos o valor e a natureza dos bens poxados, de conformidade co establecido no artigo 645 da Lei de axuizamento civil.

10ª No suposto de que, por causa de forma maior, non puidese levarse a cabo a poxa no día e hora sinalados, celebrarase o día seguinte hábil.

E en cumprimento do acordado expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 2003.

A secretaria

Rubricado