Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, polo que se lle dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, en favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de Juana Estefanía Castilla Rodríguez, veciña de Vigo.

O Xulgado de Primeira Instancia número seis de Vigo por auto dictado o 13 de maio de 2003, aclarado en auto do 20 de maio de 2003, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira legal dos bens de Juana Estefanía Castilla Rodríguez, veciña de Vigo.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1º do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o artigo 153.2º da Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia

social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.

En consecuencia faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e do Patrimonio nos artigos 7 da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4.1º b) do Decreto 312/2000, do 28 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, de acordo co disposto no artigo 10 do antedito Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Juana Estefanía Castilla Rodríguez, falecida o 14 de decembro de 1997 en Vigo, formulen alegacións perante a Consellería de Economía e Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo en Área Central, rúa Varsovia nº 4C, 1ª planta, oficina 7N, de Santiago de Compostela, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2003.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA