Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan con carácter extraordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional específica para o curso 2003-2004.

Segundo o artigo 2 da Orde do 1 de abril de 2002, pola que se regulan as probas de acceso ós ciclos formativos de formación profesional específica, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará, cando menos unha vez ó ano, unha

proba para o acceso ós ciclos formativos que na comunidade se impartan. A esta proba unicamente poderán concorrer aquelas persoas que non reúnan os requisitos académicos que permitan o acceso directo ós ciclos formativos.

Tendo en conta a existencia de prazas vacantes en ciclos formativos de grao medio de formación profesional nalgunhas localidades para o curso 2003-2004 e coa finalidade de facilitarlle o acceso a elas ó maior número de persoas interesadas, estas direccións xerais

RESOLVEN:

Primeiro.-Convocatoria.

Convocar, con carácter extraordinario, unha proba de acceso para ciclos formativos de grao medio de formación profesional específica que terá lugar o día 17 de setembro nos centros que oportunamente se determinen.

Os delegados provinciais nomearán os presidentes das comisións de realización e establecerán os lugares onde se realizarán as probas e os centros adscritos a eles, antes do 5 de setembro.

Segundo.-Contidos da proba.

A proba de acceso acreditará que o aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. É común para tódolos ciclos formativos de grao medio. O seu contido atenderá ós aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da educación secundaria obrigatoria:

Parte sociocultural:

Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade en galego e castelán.

Coñecemento da historia, xeografía e actitudes da nosa tradición e patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades.

Parte científico-tecnolóxica:

Resolución de problemas nos campos das matemáticas e da tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico.

Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnicos. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social.

A valoración de cada unha destas partes expresarase mediante a cualificación de apto ou non apto. Para a superación da proba será necesario obte-la cualificación de apto en ámbalas dúas partes.

Terceiro.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

Co obxecto de garanti-la eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ó título, o tribunal único da avaliación de probas, nomeado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, segundo

a Resolución do 22 de xullo de 2003, avaliará o grao de discapacidade e as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, se é o caso, adaptará a proba de acceso que deban supera-los aspirantes que, en todo caso, deberán respecta-lo esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias de proba.

Cuarto.-Exencións das probas de acceso.

Poderán quedar exentas, total ou parcialmente, da proba de acceso ós ciclos de grao medio, nos termos previstos no punto décimo primeiro da Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12 de abril), as persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Quinto.-Inscrición e realización das probas de acceso ós ciclos de grao medio.

1. A inscrición para as probas de acceso ós ciclos formativos de grao medio farase na secretaría dos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido desde o día 1 ata o día 5 de setembro de 2003, ámbolos dous inclusive, segundo o modelo do anexo VI, recollido na Orde do 1 de abril de 2002. Ademais de recolle-la documentación, os centros cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. Os solicitantes de proba adaptada deberán cubri-lo anexo I da presente resolución e presenta-lo correspondente certificado acreditativo da condición de minusválido emitido polo equipo de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. A relación provisional de persoas inscritas á proba será exposta no taboleiro de anuncios dos centros onde se realizou a inscrición a partir do día 9 de setembro de 2003 e a relación definitiva de inscritos farase pública a partir do día 12 de setembro.

4. Os alumnos terán de prazo desde a publicación da lista provisional de inscritos ata o día 11 ás 13.00 horas para presentar documentación adicional.

5. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do día 5 de setembro, comunicaranlles a tódolos institutos de educación secundaria os lugares nos que se realizarán as probas e os centros adscritos a eles, para que o fagan público no taboleiro de anuncios. A mesma información estará dispoñible na aplicación informática.

6. As probas de acceso ós ciclos formativos serán elaboradas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

7. As probas de acceso ós ciclos de grao medio realizaranse nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, no horario que se indica a continuación:

Das 9.30 ás 11.00 horas: presentación.

Das 11.00 ás 13.00 horas: parte científico-tecnolóxica.

Das 16.00 ás 18.00 horas: parte sociocultural.

Sexto.-Tramitación de solicitudes.

1. Os centros cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais no mesmo momento en que se presenten as solicitudes, tendo de prazo ata o día 8 de setembro ás 13.00 horas para solventa-las incidencias na carga de datos na aplicación.

2. Os centros introducirán as modificacións das solicitudes de alumnos debidas á achega de documentación complementaria no mesmo momento en que se presenten, tendo de prazo ata o día 11 ás 14.00 horas para solventa-las incidencias na carga de datos na aplicación.

3. No caso de alumnos que soliciten a exención á proba ou proba adaptada, a documentación correspondente ós solicitantes deberá ser remitida á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola vía de urxencia, garantindo a dirección do centro a recepción desta, antes do día 10 de setembro, indicando así mesmo as relacións de solicitantes de exención á proba e de proba adaptada. A documentación das persoas que non solicitan exención arquivarase no propio centro educativo.

4. Os centros enviarán á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais por correo ordinario, o mesmo día da súa publicación, a relación definitiva de persoas inscritas para realiza-la proba, asinada polo director do centro, debendo facer constar expresamente as que solicitan a exención á proba.

Sétimo.-Resolución de exencións, cualificación da proba e reclamacións.

1. A resolución provisional de exencións á proba, resultante da aplicación informática, farase pública nos institutos de educación secundaria onde se realicen as probas e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos, o día 10 de setembro de 2003.

2. Contra a resolución provisional de exención poderase presentar reclamación durante os dous días seguintes á súa publicación ante o presidente do tribunal único. A resolución definitiva, resultante da aplicación informática, farase pública o día 16 de setembro nos centros onde se realicen as probas e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos. Os centros enviarán as reclamacións presentadas á resolución provisional das exencións á proba, por vía de urxen

cia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, asegurando a recepción o día 16 de setembro antes das 12.00 horas.

3. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos, resultante da aplicación informática, deberá facerse público nos centros onde se desenvolveron e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos, o 24 de setembro de 2003.

4. Contra a cualificación provisional da proba de acceso poderase presentar reclamación durante os dous días seguintes á súa publicación ante o presidente do tribunal único. Os centros enviarán as reclamacións presentadas á cualificación provisional, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, asegurando a súa recepción o día 30 de setembro, antes das 12.00 horas.

5. A cualificación definitiva, resultante da aplicación informática, será publicada o 3 de outubro no taboleiro de anuncios dos centros onde se realizaron as probas e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos.

6. Contra a exención e as cualificacións definitivas da proba de acceso, poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, na forma prevista no artigo 114.2º. da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

7. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do centro no que se realizou a proba. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado, mantendo a súa vixencia sempre que non se modifique o título e as ensinanzas correspondentes ó ciclo formativo.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2003.

Alberto González ArmestoMaría Pilar del Mar Pérez Marsó

Director xeral de CentrosDirectora xeral de Formación

e Ordenación EducativaProfesional e Ensinanzas Especiais