Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xullo de 2003 pola que se modifica o artigo 2 da Orde do 6 de marzo de 2003 ampliando o importe existente para a concesión de bolsas e axudas para a asistencia a congresos ou similares e cursos de verán, destinadas a estudiantes universitarios.

A Orde do 6 de marzo de 2003, pola que se convocan bolsas e axudas para a asistencia a congresos ou similares e cursos de verán, destinadas a estudiantes universitarios (Diario Oficial de Galicia do 20 de marzo), establece no seu artigo 2º que para a concesión destas bolsas destinarase a cantidade total de 36.781,94 euros, para o que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria 07.05.322C.480.2 de acordo coa Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

A citada convocatoria, no mesmo artigo, prevé que a cantidade antes citada poderá incrementarse de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a contía que figura no artigo 2 da Orde do 6 de marzo de 2003 na cantidade de corenta e un mil setenta e tres euros (41.073 euros), con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, polo que, para a concesión destas axudas destinarase a cantidade total de setenta e sete mil oitocentas cincuenta e catro euros con noventa e catro céntimos (77.854,94 euros).

Segundo.-A presente modificación non afecta os prazos establecidos na referida orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria