Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 9.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros nos artigos 8.3º e 51 do convenio colectivo da empresa Metalships & Docks, S.A.

Vista a acta da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Metalships & Docks, S.A., de data do 16 de maio de 2003, que tivo entrada no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 6 de xuño de 2003, de correción de erros atopados nos artigos 8.3º e 51 do convenio colectivo e no senso que se fai figurar no texto da devandita acta.

Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos

interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido nos artigos 8.3º e 51 do convenio colectivo da empresa Metalships & Docks, S.A., e no senso que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión realizada ás 12.00 horas do día 16 de maio de 2003, entre a dirección e o comité de empresa

Asistentes:

-Pola representación da empresa:

* Elena Espinosa Mangana.

* Emma Caldelas Pérez.

-Polo comité de empresa:

* Julio Alonso Rodríguez.

* Claudio Gil Fernández.

* Arturo Abalo Lubiáns.

* José A. Fernández Vila.

* Rafael Bermúdez Calvar.

* Miguel A. Barciela Castrelos.

* José R. Millos González.

* Mercedes Cordeiro González.

* José Pérez Fernández.

1. Realízase esta reunión para tratar, como punto único, a modificación do contido e redacción dos artigos 8.3º e 51 do actual convenio colectivo de Metalships & Docks, S.A., relativos ós contratos eventuais por circunstancias da producción e a axudas de custo, desprazamentos e aloxamentos respectivamente.

2. En canto ós contratos eventuais, o citado artigo, en relación coa duración deste tipo de contratos, actualmente establece que «non será superior a 6 meses dentro dun periodo de 12 meses».

Ámbalas dúas partes acordan amplia-la duración máxima deste tipo de contratos, quedando establecida do seguinte xeito:

«A duración máxima será de 13,5 meses dentro dun periodo de 18 meses».

3. En canto ás axudas de custo, desprazamentos e aloxamentos, actualmente recóllese que «cando o traballador vaia navegando, 24 ou máis horas en buque en garantía ou reparacións, con aloxamento e mantenza a bordo, considerarase traballada a xornada completa nos días laborables, e ademais recibirá unha gratificación de 35,53 A/día».

Ámbalas dúas partes acordan que o dito artigo quedará redactado do seguinte xeito:

«Cando o traballador vaia navegando, 24 horas ou máis en buque en garantía ou reparacións, co aloxamento e mantenza a bordo:

* Nos días laborables considerarase traballada a xornada completa, aboándose tódalas horas realmente traballadas, cun mínimo de 12 horas. Ademais, recibirá unha gratificación de 35,53 A/día.

* Nos días de ponte ou festivos aboaranse as horas realmente traballadas a bordo como horas festivas, cun mínimo de 12 horas. Ademais, recibirá unha gratificación de 60 A/día».

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 12.30 horas do día da data.

Pola direcciónPolo comité

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA