Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRASMIRAS

ANUNCIO.

Apobados polo Pleno Municipal, en sesión do 18 de xuño de 2003, o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por concurso en procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras de pavimentación en Abavides e Escornabois do P.B. 2003, sométese por medio deste anuncio, a preceptiva información pública polo prazo de catro días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para os efectos de que poidan ser examinadas e, se for o caso, presentar alegacións.

Tamén se anuncia, ó mesmo tempo, o correspondente concurso, coa advertencia de que o acto licitatorio será demorado canto sexa preciso no suposto de se presentaren alegacións contra o prego de cláusulas.

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Trasmiras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización das obras de pavimentación en Abavides e Escornabois.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 94.062,00 euros (noventa e catro mil sesenta e dous euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de Trasmiras, en horario de 9.00 a 14.00 horas (agás sábados).

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de Trasmiras, r/ Otero Pedrayo, nº 174, Trasmiras. Teléfono 988 44 50 96 e fax 988 44 50 00.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación no BOP ou no DOG das 9.00 ás 14.00 hroas (agás sábados). Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte os modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Casa do Concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de Trasmiras.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 10.00 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Trasmiras, 20 de xuño de 2003.

O alcalde

Rubridado