Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

Con data do 9 de xullo do ano 2003, foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de abastecemento e saneamento a Vilariño das Poldras, 2ª fase, obra nº 303/POL/2003 que se expón ó público polo prazo de oito días. Ó mesmo tempo anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 60.101,00.

Fianza provisional: 1.202,04.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte o da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil (excepto sábado), a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás, teléfono: 988 46 50 01, fax 988 44 60 48.

Sandiás, 18 de xullo de 2003.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa