Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

Con data do 9 de xullo do ano 2003, foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras acceso á igrexa de Sandiás, obra nº 71/PB/2003 que se expón ó público polo prazo de 8 días. Ó mesmo tempo anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo licitación: 31.841.

Fianza provisional: 636,82.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogaranse o prazo ó seguinte día natural non festivo). Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 12 horas do segundo día hábil (excepto sábado), a aquel no que termine o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás. Teléfono: 988 46 50 01. Fax: 988 44 60 48.

Sandiás, 18 de xullo de 2003.

Mª Concepción Méndez Gandara

Alcaldesa