Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

O Pleno Municipal, en sesión do 11 de xullo de 2003, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto do arrendamento de terreos de titularidade municipal para actividades de explotación dos recursos naturais, de conformidade co prego de cláusulas aprobado nesa data, coas características que se indican a seguir:

1. Obxecto: arrendamento dunha superficie de aproximadamente 27.000 m na zona de Regodela (Vilachá).

2. Tipo de licitación: 600 A anuais (IVE incluído) actualizados no IPC.

3. Prazo de vixencia do contrato: 30 anos.

4. Clasificación do contratista: non se esixe.

5. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n 27870 Xove). Facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo ou telecopia (982 59 21 54).

6. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

7. Fianza provisional: 600 A.

8. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

9. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Xove, 16 de xullo de 2003.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario