Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2003 pola que se fai pública a ampliación do crédito dispoñible para o ano 2003 do Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Subvención a fondo perdido por un importe de 102.963,36 euros distribuída nas anualidades 2003 e 2004.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolucións da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para o programa de continuidade e mellora competitiva da PEME galega prevé o establecemento de compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados.

Con data do 27 de decembro, o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante Lei 6/2002 (DOG nº 251, do 30 de decembro). Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión con data do 20 de marzo de 2003 autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica.

Mediante Resolución do 4 de febreiro de 2003 (DOG nº 28, do 10 de febreiro) fanse públicos os importes dos créditos reservados para o financiamento dos diferentes programas de axudas que se van conceder con cargo ós orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica para o ano 2003.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer pública, de acordo cos importes que se relacionan a continuación, a ampliación de crédito dispoñible para o ano 2003 do Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Subvención a fondo perdido, distribuída nas anualidades 2003 e 2004:

Partida orzamentaria: 01.02/11/04/01.

Finalidade: Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Subvención a fondo perdido.

Anualidade 2003: 16.633,63 euros.

Anualdiade 2004: 86.329,73 euros.

En Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA