Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.814

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 311/2003, do 11 de xullo, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo) e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación da

Confederación de Empresarios de Galicia, Álvaro Martínez Riva.

Artigo 2º

Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, Medardo Arias Prieto.

Artigo 3º

Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, Ángel Fernández Presas.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente