Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.815

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 312/2003, do 11 de xullo, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo de 1995) e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a Luis García Reboredo.

Artigo 2º

Noméase como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a José L. Acuña Trabazos.

Artigo 3º

Noméase como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a Reinaldo Iglesias Prieto.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente