1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de maquinaria agrícola para os centros de formación e experimentación agraria de Guísamo e Sergude (A Coruña), Becerreá, Monforte de Lemos e Pedro Murias (Lugo) e Salceda de Caselas (Pontevedra), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 71.850 euros.
5. Garantías.
Provisional: 1.437 euros.
Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Servicio de Formación Agraria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Domicilio: r/ Fontiñas, 31-baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
d) Teléfono: 981 54 66 79.
e) Telefax: 981 54 66 51.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:
http://www.xunta.es/contratación
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós quince días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
8. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o oitavo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora:13.00 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.
P.D. (Orde 19-12-2001)
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural