Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 17 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa e a imposición de servidume de paso para a instalación eléctrica denominada Central Hidroeléctrica Río Xiesta, no concello da Lama, do que é beneficiaria a empresa Desarrollo Energético de A Lama, S.R.L. e que mediante a Resolución do 7 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, foi declarada de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados segundo o establecido no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico. (Expediente 02/497-4).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunicamos a tódolos interesados afectados pola execución do

proxecto da instalación eléctrica denominada Central Hidroeléctrica Río Xiesta que o día 31 de xullo de 2003, a partir das 10 horas, comezará sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados das parcelas indicadas no anexo:

-Predios: 7.

-Día: 31 de xullo de 2003.

-Hora: 10.00 horas.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lles comunicará a data e da hora na que deberán presentarse nos seus predios, informándoo de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 17 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra

Central Hidroeléctrica Xiesta

SitioNome e apelidosEnderezoml solom soloml servim servi

874SaimasEsther Piñeiro ClaroLiñaes, Xiesta47564

875SaimasSaladina Garrido AldirXiesta, 3341317

876SaimasElena Amorín PiñeiroLiñares, Xiesta1248

887SaimasElsa Amorín PiñeiroLiñares, Xiesta40145

778Monte veciñalC.M.V.M.C. XendeVeiga do Muíño 1, Xende4728.841.41914.235

920Monte veciñalC.M.V.M.C. XiestaPigarzos, Xiesta1.74537.7392031.914

499Monte veciñalC.M.V.M.C. AntasPorteliña 2, Antas2852.838

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL