Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do Parque Eólico Carballeira. (Expediente 02/01 DXI-EOL).

Por Resolución do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e declarouse a utilidade pública, en concreto, do Parque Eólico Carballeira.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para compareceren no Concello de Xermade (Lugo), como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereitos de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postos ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Parque Eólico A Carba S.A.U.

Lugo, 4 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de bens afectados sen mutuo acordo

Obra: Parque Eólico Carballeira.

Concello: Xermade.

Nº dePropietarioEnderezoSuperficie en haClasif.ParaxeEstremas

predioPleno dominioServidumes

en

plano

ZapatasPlataf.Subest.VíasVooProt. eólicaGabias

57Hdos. de Encarnación Souto PrietoR/ Pontedeume, nº 20, 1º

15320 As Pontes de Gª Rguez. A Coruña

0,0299Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: hdos. Encarnación Souto.

L.: hdos. Andrea Pena.

O.: Miguel Marcial Galdo.

59Hdos. de Andrea Pena Vieito. Rep.: Felisa Seco PenaRoupar de Abaixo

27835 Xermade-Lugo

0,0121Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Josefa Peleteiro.

O.: resto da leira.

60Josefa Peleteiro HermidaA Calousada, s/n, Roupar

27835 Xermade-Lugo

0,0118Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Jesús Pico.

O.: hdos. Andrea Pena.

61Jesús Pico CabarcosAguillón, nº 3

27833 Xermade-Lugo

0,0129Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Josefa Peleteiro.

O.: Josefa Peleteiro.

62Josefa Peleteiro HermidaA Calousada, s/n, Roupar.

27835 Xermade-Lugo

0,0115Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Manuel Ardao.

O.: Jesús Pico.

63Manuel Ardao MouriñoRoupar de Abaixo

27835 Xermade-Lugo

0,0129Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Víctor Peña.

O.: Josefa Peleteiro.

64María Carmen Pena AresR/ Pardo Bazán 30-32, 4º D

15320 As Pontes de Gª Rguez. A Coruña

0,0142Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Carmen Rochela.

O.: Manuel Ardao.

65Carmen Rochela BarroReboredo. Roupar de Abaixo.

27835 Xermade-Lugo

0,01650,0007Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: resto da leira.

O.: Víctor Peña.

67Carmen Rochela BarroReboredo. Roupar de Abaixo

27835 Xermade-Lugo

0,02650,01380,00980,0042Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: hdos. Josefa Souto.

O.: hdos. Generosa Otero.

68Hdos. de Josefa Souto Prieto. Rep.: Manuela Souto PrietoLugar da Pedreira. Roupar de Abaixo.

27835 Xermade-Lugo

0,00240,03310,00190,0209Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Ramón Pérez Ledo.

O.: Carmen Rochela.

69Ramón Pérez LedoRúa da Pezoca, nº 10

15173 Oleiros. A Coruña

0,02010,05610,0391Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Josefa Peleteiro.

O.: hdos.. Josefa Souto.

70Josefa Peleteiro HermidaA Calousada s/n, Roupar.

27835 Xermade-Lugo

0,03090,0120Monte baixoPena da NebraN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: resto da leira.

O.: Ramón Pérez Ledo.

71José María Méndez FernándezR/ Obispo Aguirre B.

27002 Lugo

0,09000,48150,57600,32800,03480,0816Monte baixoCouce AnchoN.: resto da leira.

S.: camiño.

L.: camiño.

O.: monte pro indiviso Lagoa-Cotiño

72Pilar Ameneiro HermidaO Pontoibo, s/n

15320 As Pontes de Gª Rguez.

A Coruña

0,08840,01300,4315Monte baixoCampaíña, VacarizaN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: resto da leira.

O.: hdos. Vicente Fernández.

73Pilar Ameneiro HermidaO Pontoibo, s/n

15320 As Pontes de Gª Rguez.

A Coruña

0,00590,13720,08610,02280,0588Monte baixoCampaíña, VacarizaN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Josefa Hermida.

O.: máis do mesmo.

74Pilar Ameneiro HermidaO Pontoibo, s/n

14320 As Pontes de Gª Rguez.

A Coruña

0,05040,17170,02430,06370,0018Monte baixoCampaíña, VacarizaN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: máis do mesmo.

O.: Herminia Paredes.

75Herminia Paredes PrietoRoupar de Abaixo, Sucastro

27835 Xermade-Lugo

0,01110,03450,0880Monte baixoCampaíña, VacarizaN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: hdos. Vicente Fernández.

O.: hdos. Jacinto Barro.

76Hdos. de Jacinto Barro. Rep.: Amador Barro AgrasAvda. de Lugo, 61, 1º C

15320 As Pontes de Gª Rguez.

A Coruña

0,0164Monte baixoCampaíña, VacarizaN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: Herminia Paredes.

O.: hdos. Vicente Fernández.

77Pilar Ameneiro HermidaO Pontoibo, s/n

15320 As Pontes de Gª Rguez.

A Coruña

0,0116Monte baixoCampaíña, VacarizaN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: hdos. Jacinto Barro.

O.: hdos. Carmen García.

Nº dePropietarioEnderezoSuperficie en haClasif.ParaxeEstremas

predioPleno dominioServidumes

en

plano

ZapatasPlataf.Subest.VíasVooProt. eólicaGabias

78Hdos. de Carmen García Tato. Rep.: Modesta Pardo HermidaCasanova, Roupar

27835 Xermade-Lugo

0,0169Monte baixoCampaíña, VacarizaN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: hdos. Vicente Fernández.

O.: máis do mesmo.

79Hdos. de Carmen García Tato. Rep.: Modesta Pardo HermidaCasanova, Roupar

27835 Xermade-Lugo

0,0132Monte altoCampaíña, VacarizaN.: camiño.

S.: resto da leira.

L.: máis do mesmo.

O.: resto da leira.