Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/132-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000,

do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.

Domicilio social: Galera, 1-1dta., 15001 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S, C.T. R.B.T.S., urbanización Conde de Oleiros.

Situación: r/ Claudio Movilla (Castro Caldelas).

Descricións técnicas: liña 20 kV soterrada, de 12 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV,derivada desde unha arqueta da L.M.T. soterrada que une os CC.TT. Castro Caldelas C.T.-1 e o C.T.-2, e remata no C.T. proxectado en caseta prefabricada con 160 kVA, R./T. 20.000/380-220 V. No edificio Conde Devesa na r/ Claudio Movilla, urbanización Conde de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense