Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1 baixo, Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T. Foxas-Camporrapado (tramo II) L.M.T., C.T.I. de León.
Situación: Touro-Boqueixón.
Características técnicas: L.M.T. aéreo a 10/20 kV de 2.277 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Foxas-Camporrapado e final no apoio da derivada C.T. Bugallo.
C.T.I. aéreo de 100 kVA, no lugar de León, concello de Touro-Boqueixón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 13 de xuño de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña