Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e tramitación de urxencia, as obras de construcción do ximnasio no CEIP de Ventín, Ames e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: construcción de ximnasio no CEIP de Ventín, Ames.

b) Lugar de execución: Ames.

c) Prazo de execución: oito meses.

d) Importe total: 231.634,46 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría c.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

2.2.a) Descrición do obxecto: construcción de ximnasio e vestiarios no CPI Atios, Valdoviño.

b) Lugar de execución: Valdoviño.

c) Prazo de execución: nove meses.

d) Importe total: 346.386,89 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese.

2.3.a) Descrición do obxecto: substitución da cuberta no CEIP Sofía Casanova, Culleredo.

b) Lugar de execución: Culleredo.

c) Prazo de execución: oito meses.

d) Importe total: 116.108,69 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría c.

f) Garantía provisional: exímese.

2.4.a) Descrición do obxecto: reparacións no IES As Mariñas, Betanzos.

b) Lugar de execución: Betanzos.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 172.986,66 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 1 e 4, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Teléfono: 981 18 47 45; 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG. Se este coincide en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación necesaria: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo de Monelos.

-Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este coincide en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12.00 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de xullo de 2003.

Elena Menéndez Martín

Delegada provincial da Coruña