Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade Brión-Negreira (incluída variante de Noia). Plan Galicia: variante de Negreira.

Adxudicatario: Ciesa.

Orzamento: 205.602,57 euros.

-Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade Carballo-Berdoias (incluída conexión A-55).

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 243.213,72 euros.

-Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade Sarria-Monforte de Lemos.

Adxudicatario: Prointec, S.A.

Orzamento: 224.120,92 euros.

-Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade Tui (incluído enlace autovía a Portugal)-A Guarda.

Adxudicatario: PYCSA Proyecto y Control, S.A.

Orzamento: 193.987,61 euros.

-Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da actuación Plan Galicia: eixe Ourense-Portugal. Vía de alta capacidade autovía A-52-Celanova sur e variante de Bande.

Adxudicatario: Itro Ingenieros, S.L.

Orzamento: 119.593,03 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda