Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 1 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan notificacións de posta de manifesto de actuacións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Dahe Ji e outra).

De conformidade co disposto no artigo 22 da Lei 1/1998, de dereitos e garantías do contribuínte, co obxecto de concede-lo debido trámite de audiencia, procédese á posta de manifesto de actuacións, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

-Suxeito pasivo: Restaurante Chino Feliz, S.C.

CIF: G-36221398.

Obrigado ó pagamento na súa cota de participación: Dahe Ji.

NIF: X-1430817-X.

Importe: 22,88 euros.

Zona de Recadación: Pontevedra.

-Suxeito pasivo: Restaurante Chino Feliz, S.C.

CIF: G-36221398.

Obrigado ó pagamento na súa cota de participación: Aili Zhou.

NIF: X-630585-V.

Importe: 22,88 euros.

Zona de Recadación: Pontevedra.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA