Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Danzas, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Danzas, S.A., con nº de código 3603722 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-5-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, pola delegada de persoal, en data 29-4-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22

de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo centro de traballo de Mos

(Pontevedra). Anos 2002, 2003 e 2004

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo preliminar.

O contido deste convenio colectivo foi pactado pola dirección da empresa e os representantes dos traballadores. A seguir determínanse as partes concertadoras deste convenio colectivo:

Representación empresarial:

Javier García Cordonie.

Manuel Cano Callejo.

Representación social:

Margarita Gómez Gonzalo (CIG).

Tano Guerra García como asesor sindical (CIG).

Artigo 1º

Ámbito territorial. As disposicións deste convenio serán de aplicación ó centro de traballo que ten a empresa Danzas, S.A. situado en Arrufana-Louredo estrada Os Valos-O Porriño 36415 Mos (Pontevedra).

Ámbito persoal. Este convenio afectará á totalidade dos traballadores, salvo as excepcións contidas no artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Así mesmo, quedarán excluídas voluntariamente e logo de acordo coa empresa as seguintes categorías: capataz, encargado, xefe de tráfico, xefe de negociado e superiores, cando exerzan postos de mando con responsabilidade e persoas ó seu cargo.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 2002, e terá unha duración ata o día 31 de decembro de 2004, independentemente da data da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Denuncia e prórroga.

A representación da parte que desexe a revisión ou modificación deste convenio deberá efectua-la denuncia por escrito cun mes de antelación á data de caducidade.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán considerados con este carácter.

No suposto de que a autoridade laboral, no exercicio das facultades que lle son propias, non aprobase algún dos artigos do convenio, este quedará sen eficacia e deberase considerar nulo na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio, estimadas no seu conxunto, absorben e compensan na súa totalidade ás que rexían anteriormente calquera que sexa a súa natureza e orixe.

Artigo 6º.-Exclusión doutros convenios.

As melloras de condicións de traballo que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afectar ás condicións establecidas neste convenio cando, consideradas en cómputo global, superen as aquí pactadas.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º.-Organización do traballo.

En todo o referente á organización do traballo, a dirección da empresa actuará de acordo co establecido neste convenio e en relación co artigo 20 do Estatuto dos traballadores e a lexislación vixente en cada momento.

E o persoal executará normalmente o seu traballo habitual baixo as directrices dos seus xefes, sempre dentro dos cometidos propios da súa categoría profesional ou dos afíns do seu grupo profesional.

Artigo 8º.-Cambio de posto de traballo.

Os traballadores poderán ser ocupados en tarefas ou cometidos distintos ós da súa categoría profesional polos espacios de tempo mínimos en que non teñan traballo nesta categoría, sen que a asignación de tales tarefas ou cometidos poida supor substitución das tarefas propias da categoría que o interesado teña.

Estes cambios ou variacións de posto de traballo por necesidades do servicio faranse sempre respectando a categoría profesional e a retribución total, excepto nos casos daqueles mandos que por dimisión deixarán de percibi-los complementos inherentes ó posto, pasando á categoría profesional que tivesen anteriormente. De todo iso se informará ós representantes dos traballadores e daráselles conta das reclamacións que os interesados interpoñan.

Artigo 9º.-Traballos de categoría superior.

A empresa poderá dispor que o seu persoal realice traballos de categoría superior a aqueles en que está clasificado, non como ocupación habitual senón en casos excepcionais de necesidade perentoria.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que correspondan á categoría profesional que tivese recoñecida, por un período superior a seis meses durante un ano e oito durante dous anos, pode reclamar ante a dirección da empresa a clasificación profesional adecuada.

Contra a negativa da empresa e logo de informe do comité, ou de se-lo caso dos delegados de persoal, pode reclamar ante a xurisdicción competente.

Cando se desempeñen funcións de categoría superior, pero non procede legal ou convenientemente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 10º.-Categorías.

As categorías serán as que se relacionan neste artigo. Descríbense as súas funcións no capítulo XI.

Operacións:

Capataz.

Auxiliar almacén operacións.

Mozo especialista.

Auxiliar almacén carretista.

Mozo.

Administración:

Oficial 1ª administrativo.

Oficial 2ª administrativo.

Auxiliar administrativo.

Artigo 11º.-Ascensos.

Cando a empresa estime conveniente a creación de novos postos de traballo ou categorías, serán cubertas prioritariamente polos traballadores do centro sempre que reúnan as condicións adecuadas.

A partir do cumprimento de tres anos na empresa en situación de indefinido, o traballador deberá ser ascendido automaticamente á categoría seguinte:

Manipulación: mozo a auxiliar almacén carretista.

Administración: auxiliar administrativo a oficial 2ª administrativo.

A empresa convocará as vacantes nas categorías inferiores e as probas de aptitude para os ditos ascensos consistirán en probas culturais, psicotécnicas e prácticas.

O persoal seleccionado será sometido a un período de proba no seu novo posto de traballo de catro meses para tódalas categorías excepto para as de capataz e encargado, que será de seis meses. Unha vez transcorrido este prazo e que o traballo desenvolto fose satisfactorio, adquirirá de forma automática a nova categoría; de non ser así, volverá ó seu posto e categoría anterior.

Se a categoría adquirida supón responsabilidade de mando, o traballador poderá solicitar por escrito á dirección do centro, con copia ó comité de empresa, a súa renuncia con dous meses de antelación; neste caso o traballador adquirirá a categoría da que procedía e perderá tódolos dereitos que teña a categoría á que renuncia.

Ascenderán con efectos de xuño de 2002 da categoría de mozos á categoría de auxiliar almacén carretista os empregados José Antonio Chaparro Barbosa e José Manuel Bastos Crespo.

Igualmente, con efectos de xuño de 2002 da categoría de auxiliar administrativo á categoría de oficial 2ª administrativo os empregados Marta Bastos Martín e Ana María Estévez Lamas.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2003 ascende da categoría de auxiliar almacén carretista á categoría de mozo especialista ós empregados Félix Luis Bastos Martín e Alfredo Darío Estévez Lamas.

Capítulo III

Contido do contrato de traballo

Artigo 12º.-Forma do contrato.

Os contratos formalizaranse por escrito nos termos establecidos no vixente Estatuto dos traballadores.

A dirección do centro facilitaralle á representación sindical do persoal copia básica dos contratos afectados por este convenio colectivo.

Artigo 13º.-Período de proba.

No período de proba aplicarase o disposto no artigo 14 do Estatuto dos traballadores e dará comezo o día de alta do traballador na empresa, finalizando cando transcorrese o período establecido.

Cando se produza algunha das situacións recoñecidas legalmente como causas de suspensión do contrato de traballo, artigo 45 do Estatuto dos traballadores, interromperá o período de proba, reiniciándose este cando finalice a causa motivadora da suspensión.

Artigo 14º.-Ingreso ó traballo.

No referente a este artigo, aplicarase o disposto no artigo 16 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 15º.-Modalidades de contratación.

As modalidades de contratación adecuaranse en cada momento da vixencia do convenio colectivo á lexislación en vigor.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 16º.-Xornada laboral: diaria, semanal e anual.

A xornada diaria laboral será de 8 horas de traballo efectivo.

A xornada semanal será de 40 horas de traballo efectivo.

As horas totais de traballo efectivo anuais serán de 1.776 horas para o ano 2002.

Os días de traballos anuais serán de 222 a 8 horas por día de traballo efectivo para o ano 2002.

As horas totais de traballo efectivo anuais serán de 1.768 horas para o ano 2003 e 2004.

Os días de traballos anuais serán de 221 a 8 horas por día de traballo efectivo para os anos 2003 e 2004.

-Quenda de mañá: de 6.00 a 14.00 horas.

-Quenda de mañá: de 7.00 a 15.00 horas.

-Quenda de tarde: de 14.00 a 22.00 horas.

-Quenda de noite: de 22.00 a 6.00 horas.

-Quenda de noite: de 23.00 a 7.00 horas.

-Quenda partida: de 11.00 a 15.00 horas. De 16.00 a 20.00 horas.

Os empregados con xornada continuada superior a seis horas de traballo efectivo terán dereito ó descanso legalmente establecido para este motivo, que computará como horas efectivas de traballo.

Os días sobrantes por aplicación do calendario laboral solicitaranse coa antelación dunha semana.

Artigo 17º.-Descanso semanal, festas e permisos.

Neste artigo, ámbalas partes acóllense ó disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores. Sen prexuízo do anteriormente exposto, a empresa declara como días non laborables o 24 e 31 de decembro, en atención á súa significación.

Terán carácter retribuído e non recuperable as doce festas oficiais, e as dúas festas locais.

Artigo 18º.-Vacacións anuais.

O persoal acollido a este convenio desfrutará dun período de vacacións anuais de trinta días naturais.

O período de desfrute das vacacións estará comprendido entre as datas do 1 de xuño e o 30 de setembro para o persoal fixo no cadro. Como vén sendo habitual, desfrutaranse de forma rotativa.

O persoal contratado eventualmente desfrutará as vacacións en función do tempo traballado: 2,5 días naturais por mes traballado.

Se calquera empregado causase baixa pola extinción da relación laboral que o unía á empresa antes do 31 de decembro e desfrutase máis días de vacacións dos que lle corresponden, estes seranlle descontados na liquidación.

Se o empregado estivese de baixa por incapacidade temporal ó comezo das súas vacacións, terá dereito a que se lle fixe un novo período vacacional, de acordo coa empresa.

No caso de que a IT xurda despois de comezado o período vacacional, interromperase este sempre que esta IT teña unha duración superior a 15 días, tendo dereito o traballador, ó termo da baixa, á fixa

ción dun novo período vacacional de acordo coa empresa.

Para todo o persoal que está fixo no cadro, as vacacións daranse por desfrutadas o 31 de decembro.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas horas de traballo que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo. Poderanse realiza-las máximas que establece a lexislación vixente.

As horas realizadas de luns a venres pagaranse segundo o importe recollido nas táboas do anexo III.

As horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos ou festivos aboaranse en función da táboa do anexo III, incrementándoas no 1,75%.

As horas nocturnas terán unha recarga do 25% sobre o valor anterior, dependendo do día no que se realice o traballo extra.

Artigo 20º.-Traballo nocturno.

A todo o persoal afectado por este convenio colectivo cunha xornada superior a 2/3 dentro do horario das 22.00 horas ás 6.00 horas, seralle considerado traballo nocturno; percibirá un complemento en concepto de nocturnidade por valor do 25% do seu salario base.

Artigo 21º.-Compensación de horas de traballo fóra da xornada habitual.

Dadas as peculiaridades existentes no noso traballo diario, con grandes desviacións en períodos de tempo moi curtos, páctase a posibilidade con carácter voluntario de compensar horas de traballo realizadas fóra da xornada por días de descanso non acumulables ó período anual de vacacións.

Os días de descanso pactaranse entre o traballador e o seu xefe inmediato superior.

-Cada cinco horas de exceso, serán compensadas cun día de descanso.

-Cada tres horas de exceso, serán compensadas con catro horas de descanso.

Capítulo V

Réxime económico

Artigo 22º.-Estructura do salario.

As retribucións do persoal afectado por este convenio colectivo estarán constituídas polo salario convenio e os seus complementos.

Artigo 23º.-Salario convenio.

Entenderase por salario convenio a retribución do traballador por categoría que se determina no anexo I. Terá os seguintes incrementos durante os anos 2002, 2003 e 2004.

-Para o ano 2002.

Terá un incremento lineal para tódalas categorías do anexo I por un importe de 485 euros (80.697 pesetas).

No mes do pagamento dos atrasos, aboarase por unha soa vez no ano 2002, a cantidade de 120,20 euros (20.000 pesetas). Esta cantidade non se inclúe no anexo I.

Incrementaranse as táboas do anexo III (horas extras) e anexo IV (incentivos por xubilación anticipada) e resto de conceptos económicos recollidos neste convenio colectivo, na porcentaxe do 3,5%.

O anexo II (antigüidade) para o ano 2002 non terá ningún incremento.

-Para o ano 2003.

Terá un incremento lineal para tódalas categorías do anexo I por un importe de 605,20 euros (100.696 pesetas).

Incrementaranse as táboas dos anexos III (horas extras) e IV (incentivos por xubilación anticipada) na porcentaxe do IPC previsto polo Goberno para o ano 2003, regularizando ó 31-12-2003 co IPC real do ano 2003, incluído en táboas, e resto de conceptos económicos.

O anexo II (antigüidade) para o ano 2003 non terá ningún incremento.

-Para o ano 2004.

Terán tódolos conceptos tanto fixos como variables un incremento do IPC previsto polo Goberno para o ano 2004, con efecto do 1 de xaneiro de 2004. Excepto o concepto antigüidade que seguirá conxelada durante este ano.

Artigo 24º.-Revisión salarial para os anos 2002, 2003 e 2004.

-Para o ano 2002.

Se no ano 2002 o IPC supera a porcentaxe do 3,5%, efectuarase unha revisión do salario base anexo I (táboa salarial), con efectos retroactivos desde 1-1-2002.

-Para o ano 2003.

Se no ano 2003, o IPC supera a porcentaxe do IPC final do ano 2002, efectuarase unha revisión de tódolos conceptos -excepto antigüidade, con efectos retroactivos desde 1-1-2003.

-Para o ano 2004.

Se no ano 2004 o IPC supera a porcentaxe prevista inicialmente polo Goberno, revisaranse os conceptos económicos (anexos e conceptos económicos do convenio), na mesma contía que a desviación do IPC, con carácter retroactivo desde 1-1-2004.

Nos anos 2002, 2003 e 2004 estas revisións salariais serán de aplicación con data do 1 de xaneiro do ano seguinte.

Artigo 25º.-Complementos salariais.

Os complementos salariais fixaranse atendendo ás circunstancias relativas ás condicións persoais do

traballador, ó traballo realizado e á situación e resultados da empresa, quedando expresamente definidos os seguintes:

Artigo 26º.-Antigüidade.

Para todo o persoal afectado por este convenio colectivo, a antigüidade farase efectiva na contía que establece o anexo II deste convenio. Os importes establecidos comezarán a pagarse desde o día primeiro do mes seguinte ó do ingreso.

Artigo 27º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio colectivo percibirá anualmente catro pagas extraordinarias polo importe equivalente a unha mensualidade do salario convenio incrementado cos complementos salariais, que de se-lo caso, lle puidesen corresponder: antigüidade, complemento asignación persoal e complemento de nocturnidade.

Cada paga será proporcional ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por trimestres naturais do ano en que se devenguen e faranse efectivas os meses de marzo, xuño, setembro e decembro de cada ano.

Artigo 28º.-Liquidación e pagamento.

A liquidación e o pagamento do salario faranse efectivos antes da finalización de cada mes natural e efectuarase mediante transferencia bancaria.

Artigo 29º.-Anticipos.

O traballador terá dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o pagamento, anticipos á conta do traballo xa realizado, como máximo dous ó mes e estes, no seu conxunto, non poderán exceder do salario devengado.

Capítulo VI

Beneficios sociais

Artigo 30º.-IT (incapacidade temporal).

Tódolos traballadores en situación de incapacidade temporal, en calquera das súas continxencias, terán dereito a percibi-la diferencia existente entre a prestación por este concepto da Seguridade Social ou mutua patronal e o 100% do seu salario convenio e complementos persoais.

Artigo 31º.-Póliza de vida e accidente.

Todo o persoal do centro de traballo de Mos (Pontevedra) está integrado na póliza de vida e accidente que ten vixente a empresa Danzas, S.A. para o colectivo dos seus traballadores, coas coberturas e importes recollidos na dita póliza.

-Cobre os accidentes, sexan laborais ou non, durante as 24 horas do día.

-Garante unha indemnización equivalente a dúas anualidades do soldo bruto do empregado en caso de morte e dobre en caso de invalidez permanente e absoluta.

-Para invalidez parcial, a póliza inclúe un baremo coas indemnizacións que correspondan.

-Gastos de curación ilimitados ata dous anos e gastos de salvamento ata 601,01 euros (100.000 pesetas).

Así mesmo, inclúese todo o persoal na póliza de seguro de vida subscrita por esta compañía.

-En caso de morte por enfermidade, un ano de salario bruto anual do empregado, por unha soa vez.

-En caso de invalidez permanente e absoluta por enfermidade, un ano de salario bruto anual do empregado, por unha soa vez.

Artigo 32º.-Xubilación anticipada.

Os empregados de Danzas xubilaranse como máximo ós 65 anos sempre e cando teñan cuberto o período de carencia mínimo e reúnan os requisitos esixidos pola lexislación vixente para ter dereito a pensión de xubilación no sistema da Seguridade Social.

Establécese un sistema de incentivos de xubilacións anticipadas a partir dos sesenta anos de idade física e unha antigüidade na compañía mínima de 10 anos, recollido no anexo IV.

Artigo 33º.-Premio de xubilación.

A empresa aboará un pagamento único de 3/12 da retribución bruta do ano anterior traballado no momento da xubilación ós 65 anos de idade. Estas cantidades considéranse brutas, sendo os impostos por conta do empregado.

Artigo 34º.-Premio por 15 anos de antigüidade.

Tódolos empregados que teñan unha antigüidade efectiva na empresa de quince anos poderán escoller ser obsequiados cun reloxo de ouro de marca recoñecida ou o importe de 1.112 euros

Aqueles traballadores que procedan doutras compañías terán dereito a este premio cando efectivamente permanecesen 15 anos en Danzas.

Artigo 35º.-Premio por 25 anos de antigüidade.

Tódolos empregados que teñan unha antigüidade efectiva na empresa de vintecinco anos, serán gratificados cunha cantidade equivalente a unha doceava parte da súa retribución bruta anual fixa, correspondente á data en que se alcance esta antigüidade, sendo os impostos por conta do empregado.

Aqueles traballadores que procedan doutras compañías terán dereito a este premio cando efectivamente permanecesen 25 anos en Danzas.

Artigo 36º.-Axuda para fillos diminuídos.

Aboaranse 72,66 euros por doce meses para aqueles traballadores que teñan recoñecida esta axuda pola Seguridade Social; este importe é bruto.

Artigo 37º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará o equipo necesario para desempeña-lo traballo en boas condicións de seguridade e hixiene.

Os traballadores que utilicen roupa e equipamento de traballo facilitados pola empresa terán a obriga de utilizalos, así como conservalos en bo uso, salvo a deterioración natural.

A roupa de traballo entregarase nos meses de outubro (inverno) e no mes de maio (verán).

Zapatos/botas de seguridade nos postos que correspondan.

1 pantalón de pana e 1 camisa de franela (inverno).

2 pantalóns, 2 polos e 2 toallas (verán).

1 xersei (anualmente).

1 anorac (bianualmente).

Artigo 38º.-Axuda para libros.

Os traballadores que leven na compañía como mínimo un ano e con fillos solteiros en idades comprendidas entre os tres e os vintecinco anos, percibirán as seguintes cantidades, en función do seguinte detalle:

-Realizando estudios con idades de 3 a 5 anos: 25,75 euros (4.284 pesetas).

-Realizando estudios con idades de 6 a 12 anos: 35,85 euros (5.965 pesetas).

-Realizando estudios con idades de 13 a 17 anos: 41,20 euros (6.855 pesetas).

-Realizando estudios con idades de 18 a 25 anos: 103,05 euros (17.146 pesetas)

Estas cantidades serán para o ano 2002.

Tódolos centros académicos deben estar homologados polo Ministerio de Educación e Cultura. O pagamento destas axudas por parte da empresa realizarase no mes de outubro.

Para a percepción desta axuda, a empresa reserva para si o dereito de pedir en calquera momento os xustificantes de pagamento.

Capítulo VII

Permisos

Artigo 39º.-Permisos retribuídos.

No referente a este artigo, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores artigo 37.3º.

Por matrimonio ou parella de feito formalizada: 16 días naturais.

Por nacemento de fillo/a: 4 días naturais.

Por morte ou enfermidade grave de cónxuxe, fillos, pais ou irmáns: 3 días naturais. Se fose noutra provincia a licencia tería un día máis. Se fose noutra Comunidade Autónoma, a licencia terá 2 días naturais máis.

Demais parentes ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días naturais.

Por traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Por asuntos propios: 1 día laboral ó ano.

Artigo 40º.-Permisos para asuntos particulares.

O persoal poderá solicitar con antelación 3 días ó ano de permiso non retribuído e con suxeición á súa aprobación por parte da empresa, para atender asuntos particulares que non admitan demora e non se poidan delegar e que poderá recuperar, segundo o artigo 21º deste convenio.

Artigo 41º.-Excedencia.

O persoal fixo que como mínimo posúa a antigüidade dun ano na empresa, poderá obter excedencia voluntaria por unha duración non inferior a 2 anos nin superior a 5 anos.

Estas excedencia deberanse solicitarse por escrito, con polo menos un mes de antelación á data en que o interesado desexe comeza-lo seu desfrute, co fin de preve-las consecuencias da marcha.

Así mesmo, o reingreso deberase solicitar con polo menos un mes de antelación e por escrito, estando condicionado á existencia de vacante na categoría propia do traballador ou similar.

Capítulo VIII

Réxime disciplinario

Artigo 42º.-Faltas e sancións.

Neste capítulo observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normas de carácter xeral.

En caso de imposición de sancións que teñan a cualificación de menos graves, grave ou moi graves, a empresa notificará e solicitará a colaboración do representante dos traballadores, para o mellor esclarecemento dos feitos.

Capítulo IX

Representación dos traballadores

Artigo 43º.-Representación dos traballadores.

Neste capítulo observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normas de carácter xeral.

Artigo 44º.-Garantías.

A representación do persoal gozará das garantías que lle recoñece o Estatuto dos traballadores.

Igualmente disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina e da garantía prevista no artigo 9.2º da LOLS.

Artigo 45º.-Asembleas-lugar de reunión.

No referente a este artigo observarase o disposto nos artigos 77 e 78 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 46º.-Paz social.

Durante a vixencia deste convenio colectivo páctase que haberá paz social no centro de traballo ó que fai referencia o artigo 1º, parágrafo primeiro, deste convenio colectivo.

Capítulo X

Lei de saúde laboral

Artigo 47º.-Comité de seguridade e saúde.

Constitúese o comité de seguridade e saúde neste convenio colectivo.

As instalacións do centro de traballo serán visitadas por un técnico da mutua patronal, para emitir diagnóstico de seguridade e saúde; estes informes indicarán os riscos básicos.

A tódolos traballadores, ó inicio da súa relación laboral, faráselle-lo recoñecemento médico pertinente nas instalacións da mutua patronal. Igualmente tódolos traballadores terán dereito a un recoñecemento médico anual por conta da empresa.

No resto de materias non tratadas neste convenio colectivo, observarase o disposto pola lei vixente en cada momento.

Capítulo XI

Definición de categorías profesionais

Artigo 48º.-Definición de funcións.

* Persoal de operacións:

Está composto polas categorías e funcións que se describen a continuación:

Mozo almacén. É a persoa á que no seu traballo se lle esixe esforzo físico e non require formación profesional.

Realiza o traballo de carga e descarga de camións contedores, estibando a mercadoría convenientemente, paletizando a mercadoría descargada, repasándoa, así como preparación de pedidos.

Utiliza o transpalé eléctrico, coidando da mercadoría que hai nos peiraos e das portas.

Efectúa as seguintes tarefas: amoreamento de palés, retractilado, etiquetaxe, flexado, reacondicionamento, recuperación non apto, preparación pedidos, embalado, manipulación Amstrad e traballos especiais, preparación pedidos en cadeas e cargas de LD.

Realiza tamén a limpeza de peiraos e almacén e outros traballos (ver anexo).

Mozo especialista. É aquel que realiza as funcións definidas nas categorías anteriores e ten coñecemento e experiencia das características dos productos, os cales debe separar por referencia e compañía, realizando a correcta paletización deles, obtendo o aproveitamento da capacidade dos vehículos e seguridade das mercadorías, repasando e contando o que carga e descarga. Ademais realizará lay-out, colocacións, contaxes, fifo, estibas e repasos.

Deberá coñecer, así mesmo, a distribución de compañías e mercadorías dentro do almacén, preparando cargas parciais por compañías.

Auxiliar almacén operativo. Comprende esta categoría os traballadores que polos seus coñecementos e experiencia realizan, ademais das funcións descritas nas categorías anteriores, as tarefas seguintes:

-Incorporación correcta de mercadorías ó stock, segundo lay-out e organización do almacén.

-Preparación de cargas de distribución.

-Contaxes de stocks.

-Repaso de cargas completas preparadas.

-Preparación cargas completas de longa distancia.

-Control data de caducidade de productos perecedoiros.

-Responsabilidade das compañías que lle sexan asignadas.

-Recuperación de mercadoría.

-Precintaxe de paquetes adheríndolle-la etiqueta.

Auxiliar almacén carretista. É o empregado que realiza o traballo en planta coa carreta elevadora, levando a cabo as tarefas seguintes:

-Control, entrada e correcta colocación da mercadoría paletizada ó stock correspondente, utilizando os sistemas de prácticas propios da empresa.

-Reposición dos palés base.

-Atención das peticións de palés completos, na preparación das cargas de acordo co sistema de prácticas da empresa.

-Trasvase e ordenación de mercadorías dentro do almacén.

-Contaxes de stock.

-Preparación de rutas de gran tonelaxe.

-Control de datas de caducidade dos productos perecedoiros.

-Traslados con transpalés eléctricos.

Ás categorías de auxiliar almacén operativo e mozo especialista accederase por promoción convocada pola empresa na categoría inmediatamente inferior a cada unha delas. E participarán aqueles que teñan unha antigüidade superior a cinco anos.

Estas convocatorias serán realizadas pola dirección de persoal a petición do delegado do centro. Os cambios de categorías que se produzan realizaranse sempre con efecto xaneiro e serán estudiadas durante a negociación no convenio.

Capataz. É o empregado que, ás ordes do encargado de almacén e reunindo os coñecementos técnicos e as condicións prácticas para dirixir un grupo de obreiros e de especialistas, se ocupa da distribución de tarefas ós obreiros e do seu cumprimento.

-Atende as reclamacións que se produzan.

-Dá conta diaria da marcha do servicio ó encargado do almacén; tamén realizará labores de control e

vixilancia análogos, aínda que de orde inferior, ós que se indican para o encargado de almacén.

A esta categoría accederase por promoción.

* Persoal de administración:

Auxiliar administrativo. É aquel que, con coñecementos elementais e baixo a supervisión e axuda dos seus superiores, realiza traballos de carácter burocrático, sinxelos e máis ben repetitivos, aténdose ás instruccións que se lle dan e ó manexo e interpretación dos impresos estandarizados que utiliza normalmente.

Efectúa as tarefas de gravación albarás, poñer quilos, facer redes, sacar pre-rutas, puntear informe en dtos., confeccionar A/A.

Non teñen asignadas responsabilidades plenas coas compañías.

Permanecerase nesta categoría como mínimo 1 ano.

-Confirmar.

-Gravar entradas.

-Facer rutas.

-Facer dispoñibles.

Oficial 2ª e 1ª administrativo. Pertencen a esta categoría aqueles que, con adecuados coñecementos teóricos e prácticos dos sistemas administrativos, realizan coa debida perfección os traballos que teñen encomendados, baixo a supervisión do xefe da dependencia. Deben coñecer entre outros os seguintes traballos:

-O tratamento administrativo das compañías clientes para efectos de confección de albarás, reclamacións, listaxes de dispoñibles, listaxes de ordenador que xeran movemento de mercadorías ou albarás.

-Levar ó día o libro de alcohois, etc.

-E tódalas funcións descritas en categorías anteriores.

Accederase a esta categoría por promoción sempre que houbese posto vacante e accederán a ela as persoas da categoría inmediatamente inferior cunha antigüidade como mínimo de tres anos en administración.

Capítulo XII

Táboas salariais (anexos)

Anexo I. Táboa salarial.

Anexo II. Táboa de antigüidade.

Anexo III. Táboa de horas extras.

Anexo IV. Táboa de incentivos por xubilación anticipada.

Anexo V. Táboa doutros conceptos económicos do convenio.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo do centro

de traballo de Vigo/cons. ano 2003

CategoríasSalarioSalario

EurosEuroseuros
conveniomensualanual

Operacións

Capataz972,97972,9715.567,52
Auxiliar almacén operativo920,22920,2214.723,59
Mozo especialista864,01864,0113.824,21
Auxiliar almacén carretista (J)847,37847,3713.557,95
Mozo689,39689,3911.030,31

Administración

Oficial 1ª administrativo897,12897,1214.353,90
Oficial 2ª administrativo846,33846,3313.541,22
Auxiliar administrativo689,49689,4911.031,85

ANEXO II

Táboa de antigüidade do convenio colectivo

do centro de traballo de Vigo/cons. año 2003

Sistema deAnosAnosImporte euros

antigüidadeantigüidad.acumulad.mensualanual

Bienio2228,92462,76

Bienio2463,631.018,15

Quinquenio59100,881.614,07

Quinquenio514127,272.036,29

Quinquenio519151,342.421,38

Quinquenio524174,932.798,89

Quinquenio529197,023.152,28

ANEXO III

Táboa de horas extras do convenio colectivo

do centro de traballo de Vigo/ewd. ano 2003

CategoríasImporte

Operacións

Auxiliar almacén operativo7,77
Auxiliar almacén carretista (J)7,74
Mozo especialista7,52
Mozo4,76

Administrativo

Oficial 1ª administrativo7,74
Oficial 2ª administrativo7,38
Auxiliar administrativo4,76

ANEXO IV

Táboa de incentivos por xubilación anticipada

do convenio colectivo do centro de traballo

de Vigo/cons. ano 2002

Tempo de permanencia na empresa/importe euros

Idade10 anos15 anos20 anos25 anos30 anos

60 anos8.084,5610.105,7012.126,8514.147,9816.169,13

61 anos6.467,658.084,569.701,4811.318,3812.935,29

62 anos4.850,736.063,417.276,118.462,689.701,48

63 anos3.233,824.042,284.850,735.659,196.467,65

64 anos1.616,912.021,142.425,372.829,603.233,82

ANEXO V

Táboa doutros conceptos económicos do convenio

colectivo do centro de traballo de Vigo/ano 2002

Conceptos económicosImporte euros

Artigo 34. Premio 15 anos antigüidade1.112,00

Artigo 36. Axuda para fillos diminuídos72,66

Artigo 38. Axuda para libros25,75

35,85

41,20

103,05

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA