Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 10 de xullo de 2003 pola que se modifica a do 11 de xuño de 2003 pola que se convocan prazas para residencia de educadores en centros de atención a menores dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

A Orde de 11 de xuño de 2003 pola que se convocan prazas para residencia de educadores en centros de atención a menores dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, (DOG nº 121, do 24 de xuño) establece no seu artigo 1º a convocatoria para a cobertura de 33 prazas para residencia de educadores en prácticas para o curso escolar 2003-2004 nos centros de internado de menores dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado agora Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado de conformidade co Decreto 280/2003, do 17 de xuño, segundo o número e distribución que figura no anexo II da dita orde.

Nestes intres faise necesario engadir un centro de menores máis no anexo II e polo tanto incrementa-lo número de prazas de residencia convocadas, o que implica ademais un cambio no crédito reflictido no parágrafo cuarto da parte expositiva,

polo que neste sentido cumpre modifica-la referida Orde de 11 de xuño de 2003.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifica-lo importe establecido como crédito destinado a este fin no parágrafo cuarto da parte expositiva que de xeito queda redactado como segue:

«Para este fin destínase un crédito de 53.550 A con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.212B.228, que figura cunha dotación económica de 6.026.567 A nos estados de gastos do orzamento para o ano 2003 establecidos na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 251, do 30 de decembro)».

Artigo 2º

Modifícase o artigo 1º da Orde de 11 de xuño de 2003 pola que se convocan prazas para residencia de educadores en centros de atención a menores dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, (DOG nº 121, do 24 de xuño), e en consecuencia tamén o anexo II da dita orde, de xeito que queda redactado como segue:

«Artigo 1º

Convoca-la cobertura de 35 prazas para residencia de educadores en prácticas para o curso escolar

2003-2004 nos centros de internado de menores dependentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, segundo o número e distribución que figura no anexo II desta orde».

Artigo 3º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes establecido no último parágrafo do artigo 3º da devandita orde contará a partir do día seguinte á publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado

ANEXO II

Relación de centros e prazas de educadores

en prácticas

ProvinciaCentroLocalidade

prazas

A CoruñaCentro Virxe do CarmeFerrol3

A CoruñaColexio San José de CalasanzA Coruña3

A CoruñaResidencia de estudio SoutomaiorFerrol4

A CoruñaCentro de menores Xoán Vicente ViqueiraSantiago de C.2

LugoCentro educativo Santo Anxo da GardaRábade2

LugoCentro educativo Virxe dos Ollos GrandesLugo2

OurenseCentro educativo MontealegreOurense3

OurenseResidencia de estudios A CarballeiraOurense8

PontevedraCentro especial Avelino MonteroPontevedra4

PontevedraCentro de menores de MarínMarín1

PontevedraCentro Fogar San PaioVigo3

Total de prazas:35