Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO de contratación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar do día 5-6-2003, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras do proxecto de recollida de augas pluviais e modificación firme das rúas Lugo (3º tramo) e Fraga Iribarne (2º e 3º tramo), expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde o da inserción deste anuncio no BOP e no DOG, e para os efectos previstos no artigo 122.1º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 71 do R.D.L. 2/2000 e 322 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, con base no disposto no artigo 122.2º do real decreto lexislativo citado, anúnciase ó mesmo tempo que os pregos de cláusulas administrativas particulares a licitación das obras, que quedará aprazada, se houbese reclamacións, ata a súa resolución.

1. Obxecto do contrato: execución da obra do proyecto de recollida de augas pluviais e modificación firme das rúas de Lugo (3º tramo) e Fraga Iribarne (2º e 3º tramo).

2. Tramitación, procedemento e forma de adxundicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: 108.000,00 euros.

4. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de contrato ou base de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención da documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de

Urbanismo e Contratación, sito na praza Condes de Fenosa, 1, das 9.00 ás 14.00 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o décimo terceiro día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría B.

9. Máis información.

Teléfono: 982 54 50 70.

Fax: 982 54 51 04.

Portomarín, 11 de xuño de 2003.

Eloy Rodríguez López

Alcalde-presidente