Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.756

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ANUNCIO de contratación de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-los seguintes servicios:

-Ambulancia de soporte vital básico con base en Betanzos (exp. 029/03), Bergondo (exp. 030/03, e Oleiros (exp. 031/03).

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, de 12.00 a 14.00 horas, ata o 6 de agosto de 2003 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, de 12.00 a 14.00 horas, ou a través da Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es, ata o 6 de agosto de 2003 (incluído). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono 981 54 64 31.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o día 13 de agosto a partir das 11.00 horas.

Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061