Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar día 5 de xuño de 2003, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras do proxecto de acondicionamento dos accesos de Castromaior-Valderramos e Gonzar, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles, contados desde o da inserción deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, e para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
De conformidade co establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000 e 322 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, con base no disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo citado, anúnciase ó mesmo tempo que os pregos de cláusulas administrativas particulares a licitación das obras, que quedará aprazada, se houbese reclamacións, ata a súa resolución.
1. Obxecto do contrato: execución da obra do proyecto de acondicionamento dos accesos de Castromaior-Valderramos e Gonzar.
2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
3. Orzamento base de licitación: 62.752 euros.
4. Garantías.
a) Provisional: 2% do orzamento de contrato ou base de licitación.
b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
5. Obtención da documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito na praza Condes de Fenosa 1, das 9.00 ás 14.00 horas.
6. Prazo de presentación das proposicións: vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o décimo terceiro día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.
7. Gastos de publicicidade: serán por conta do adxudicatario.
8. Clasificación do contratista: non se esixe.
9. Máis información.
Teléfono: 982 54 50 70.
Fax: 982 54 51 04.
Portomarín, 11 de xuño de 2003.
Eloy Rodríguez López
Alcalde-presidente