Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, na sesión do día 30 de xuño de 2003, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no solo urbanizable da estrada de Castro.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de resposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á presente

publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se estime procedente.

Outeiro de Rei, 14 de xullo de 2003.

José Pardo Lombao

Alcalde