Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía do 7 de xullo de 2003, aprobouse a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las obras de iluminación pública na rúa Benigno Rivera, vía de acceso desde a estrada N-VI ó polígono industrial do Ceao. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto de iluminación pública na rúa Benigno Rivera, vía de acceso desde a estrada N-VI ó polígono industrial do Ceao.

d) Prazo de execución: tres meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o prezo do contrato é de 169.811 euros, co seguinte financiamento:

*Anualidade: 2003.

Concello:25.953,23

Xunta de Galicia:17.302,15

Total:43.255,38

*Anualidade: 2004.

Concello: 75.933,43

Xunta de Galicia: 50.622,29

Total:126.555,72

*Totais.

Concello:101.886,66

Xunta de Galicia: 67.924,44

Total:169.811,10

5. Garantías.

Provisional: 3.396,22 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 915,70 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 7 de xullo de 2003.

José Clemente López Orozco

Alcalde