Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.727

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 10 de xullo de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciada por Orde do 11 de xuño de 2003.

Convocada por Orde do 11 de xuño de 2003 (DOG nº 119, do 20 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 11 de xuño de 2003 (DOG nº 119, do 20 de xuño).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

ANEXO

NRP ou DNI: 3327457924A2060.

Apelidos e nome: Castro Barral, Susana María.

Grupo: A.

Corpo/escala: superior.

Código do posto: XUC060000115770006.

Denominación: Servicio de Réxime Xurídico e Desenvolvemento Normativo.

Nivel: 28A.

Dependencia: Dirección Xeral de Administración Local.

Localidade: Santiago de Compostela.