Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.727

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello, do 11 de xullo de 2003, polo que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 89, do 9 de maio de 2003, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 11 de xullo deste ano

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do/a funcionario/a producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido, dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes desde a recepción da presente resolución ou directamente na vía xurisdiccional, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

ANEXO

NRP/DNI: 7635107868 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Rodríguez Pedreira, José Luis.

Posto de traballo: letrado.

Número do posto: 014.

Nivel: 28.

Localidade: Santiago de Compostela.