Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

Por Resolución da Alcaldía do 9 de xullo de 2003, acordouse a aprobación do prego de condicións e a licitación da contratación mediante concurso con procedemento aberto, para o contrato de subministración e instalación, do que as características se sinalan de seguido:

1. Obxecto: subministración e instalación de elementos colectores solares térmicos para subministración de enerxía para auga quente sanitaria para duchas e climatización de piscina.

2. Tipo de licitación: 181.718,64 euros (IVE incluído), incluíndo tódolos custos de entrega, instalación e posta en funcionamento.

3. Partida: 5.68.

4. Prazo de execución: 2 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación das proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real, s/n, 27870 Xove-Lugo). Facilitarase así mesmo copia do prego de condicións en persoa, por correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais desde a publicación no BOP de Lugo e no DOG.

8. Fianza provisional: 3.634,37 euros.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: subministración financiada con fondos propios, e subvenciaón plurianual de 64.800 euros, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de condicións.

Xove, 10 de xullo de 2003.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario