Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.711

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 4 de xuño de 2003, do Servicio de Recadación de Oviedo, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e téndose intentado a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración Tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a continuación, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos, da Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, número 1 de Oviedo.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial da Comunidade, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo número 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal para efectos de practica-la notificación dos citados actos.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no mencionado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

José Mª Menéndez Quintana

Xefe do Servicio de Recadación de Oviedo

Datos do contribuínte:

A33365941.

Sociedade de protección do med.

Pq/ Tecnolóxico de Llanera, s/n, Llanera.

Concepto/Descrición/Obx. trib.:

Recadación de multas e sancións. D. Xe.