Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión que tivo lugar o día 27 de xuño de 2003, aprobou definitivamente os seguintes plans parciais: Plan parcial de ampliación segunda do parque empresarial de Vilalba e modificación puntual do plan parcial da primeira actuación, promovido por Xestur Lugo e plan parcial

do Polígono Industrial de Vilalba, ampliación terceira, promovido por Inmobiliaria Villalbesa, S.L.

Faise público para os efectos determinados no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra estes acordos que son definitivos na vía administrativa, poderanse interpor recursos de reposición ante o mesmo órgano que os dictou, no prazo dun mes ou interpor directamente recursos contencioso-administrativos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados ambos prazos a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. O texto íntegro das ordenanzas publícase no BOP e a orde de publicación cúrsase ó mesmo tempo para ámbolos dous boletíns oficiais.

Vilalba, 9 de xullo de 2003.

Agustín Baamonde Díaz

Alcalde