Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 9 de xuño de 2003, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da trav. Rosalía de Castro e rúa de nova apertura, promovido por Penide Campos, S.L. e redactado polo arquitecto Walter F. Patachiuta Ferrín.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 92.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 17 de xuño de 2003.

Joaquín J. Gago López

Alcalde