Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO de licitación.

Con data do 8 de xullo de 2003, o alcalde do Concello de Silleda aprobou o expediente de contratación para a realización das obras de acondicionamento da Casa da Xuventude de Silleda. De conformidade co sinalado no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público polo prazo de catro días a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para os efectos de que se poidan presentar reclamacións, anunciándose ó mesmo tempo a licitación acordada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Silleda.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Acondicionamento da Casa da Xuventude de Silleda.

b) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

95.878,22 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Silleda, Secretaría Xeral, Xeneral Franco 55, 36540 Silleda, teléfono 986 58 00 00, fax 986 58 10 21.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó remate de prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica, financeira e técnica ou profesional: acreditación conforme a cláusula III.2.1.D) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Presentación de proposicións: das 9.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a determinada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Silleda.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar na casa do concello ó terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado trasladarase o seguinte día hábil.

10. Criterios de adxudicación.

Os indicados na cláusula III.4 do prego de cláusula administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios e tributos: a cargo do adxudicatario.

Silleda, 8 de xullo de 2003.

José Fernández Viéitez

Alcalde-Presidente