Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA 1/2000).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 10 de marzo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Declarar emendado o erro detectado no documento definitivamente aprobado do plan parcial do sector de solo urbanizable S-10 Parque Ofimático, presentado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Segundo.-Valida-lo documento do plan parcial do sector de solo urbanizable S-10 Parque Ofimático, presentado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, en data 12 de novembro de 2002, a modo dun documento refundido de plan parcial.

Terceiro.-Levanta-la suspensión da eficacia do acordo de aprobación definitiva do plan parcial do sector de solo urbanizable S-10 Parque Ofimático, outorgando eficacia ó documento refundido de plan parcial presentado con data 12 de novembro de 2002.

Cuarto.-Comunica-lo presente acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co establecido no artigo 92.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Quinto.-Publica-lo presente acordo no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Sexto.-Notifica-lo presente acordo ós interesados no procedemento administrativo.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 19 de marzo de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo