Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de concurso, en procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación das obras deste concello incluídas no plan provincial de 2003 (Plan base).

Aprobado o expediente de contratación e o prego de condicións económico administrativas para a contratación das obras deste concello, incluídas no plan provincial de 2003, exponse ó público o prego durante o prazo de presentación da documentación, e anúnciase a convocatoria do concurso para a contratación das obras que figuran a continuación, cos orzamentos, prazos de execución, garantías e clasificación que se relacionan:

1. Obra nº 8-1-2003 denominada: pavimentación rúa da Cal en Casaio. Orzamento de contrato: 36.041 euros.

Prazo de execución: 3 meses. Garantía provisional: 720,82 euros. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación. Clasificación: non se esixe.

2. Obra nº 9-1-2003 denominada: acondicionamento acceso ás piscinas muncipais en Sobradelo. Orzamento de contrato: 61.042 euros. Prazo de execución: 3 meses. Garantía provisional: 1.220,84 euros. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación. Clasificación: non se esixe.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Carballeda de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio para cada obra.

5. Garantía provisional.

A sinalada ó comezo do anuncio para cada obra.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Carballeda de Valdeorras, estrada de Entoma, nº 54, Sobradelo de Valdeorras (Ourense), teléfono 988 33 50 02, fax 988 33 53 79.

Data límite para solicitar documentación e información: o día anterior ó que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos no prego. Non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP de Ourense, ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa ofertas: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se prevé no prego de cláusulas administrativas tal posibilidade.

9. Apertura de ofertas.

Terá lugar en acto público na casa do concello, ás doce horas do día seguinte hábil (agás sábado), ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: os previstos na cláusula XIV do prego.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Carballeda de Valdeorras, 10 de xullo de 2003.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa