Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de pesca OU-127/02-P, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei sobre pesca 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles

contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 18 de xuño de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-127/02-P.

Denunciado: Pedro Cabo Barral.

DNI: 34265973.

Último enderezo coñecido: lugar San Martiño de Anllo, 56, 27460 Sober. Lugo.

Feito probado: non respecta-las distancias establecidas. Non ter documento acreditativo da súa identidade.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.3º e 33.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 120,20 A.