Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dos servicios de mantemento e soporte das aplicacións de xestión de determinadas prestacións sociais. (Expediente 45/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mantemento correctivo e evolutivo das aplicacións e soporte ós seus usuarios dos sistemas de información desenvolvidos para a xestión de determinadas prestacións sociais.

b) Lugar de execución: Comunidade Autónoma galega.

c) Prazo de execución (meses): 24.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento: 329.004 euros (trescentos vintenove mil catro euros, IVE incluído)

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (6.580,08 euros).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 56 50/54 01 03, fax: 981 54 56 91.

www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?=N2837

7. Requisitos específicos do contratista.

As empresas españolas deberán acredita-la súa clasificación no grupo V, subgrupo 2, categoría B; ou grupo III, subgrupo 3, categoría B.

As empresas estranxeiras acreditarán a súa solvencia por calquera dos medios establecidos no artigo 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do día 4 de setembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do día 11 de setembro de 2003.

10. Gastos dos anuncios: 1.500 euros.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais