Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.652

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COOPERATIVA DEL CAMPO TIERRALLANA, S. COOP. GALEGA

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa agraria Cooperativa del Campo Tierrallana, S. Coop. Galega, con domicilio en Matodoso, s/n, Castro de Rei (Lugo), e NIF nº F/27006352, por medio da presente e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, na reunión de data 30-6-2003, acordou fusionarse polo sistema de absorción, coa sociedade cooperativa agraria San José de Terra Chá, S. Coop. Ltda., resultando esta última a sociedade absorbida. A cooperativa resultante denominarase Cooperativa del Campo Tierrallana, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Matodoso, 4 de xullo de 2003.

Javier García Vigo

Presidente