Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:

Obxecto: rotonda no Carballo, na intersección das estradas AC-190 e AC-180 (San Pedro de Nós).

Orzamento de licitación: 316.451,87 euros.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría E.

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Taxas do contrato: 65,43 euros.

Prazo de execución: catro meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata ás 13.00 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9.00 ata as 13.00 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 9 de xullo de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde