Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 29 de maio de 2003, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización tramo rúa do Foro, rúa peonil e rúa de nova apertura, redactado polo arquitecto Carlos Centenera Baños e promovido por Mazotti, S.A.

Exponse ó público polo prazo de 20 días contados a partir da publicación deste anuncio no DOG, ó abeiro do previsto no artigo 110 da Lei 9/2002, así como o establecido no artigo 40 do Regulamento de xestión urbanística.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 6 de xuño de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde